Cargando ...
Lugo council website
23/07/14
PLANNING, MANAGEMENT AND DISCIPLINE
Listen to this page

PLANNING, MANAGEMENT AND DISCIPLINE


As actuacións municipais en materia de Urbanismo divídese en tres áreas principais, que se indican a continuación, coa especificación dos seus cometidos.

PLANEAMENTO
- Actuacións preparatorias do procedemento de aprobación de instrumentos de planeamento.
- Tramitación do procedemento de aprobación de todo tipo de instrumentos de planeamento.
- En materia de xestión urbanística:
- Delimitación de espacios de normalización de fincas, unidades reparcelables, polígonos e unidades de execución así como as súas modificacións.
- Expedientes de determinación e modificacións de sistemas de actuacións.
- Tramitación de actuacións preparatorias dos instrumentos de equidistribución de cargas e beneficios.
- Tramitación do procedemento de aprobación de instrumentos de equidistribución de cargas e beneficios.
- Tramitación de procedementos de constitución de entidades urbanísticas de conservación da urbanización.
- Tramitación de convenios urbanísticos, tanto de planeamento como de xestión.
- Informes relativos a enaxenación de terreos do patrimonio municipal do solo.
- Atención ó público:
• Ordinaria: informa sobre todo o planeamento municipal aprobado, sobre os trámites e requisitos para o seu desenvolvemento, proxectos, etc.
• Especial: informa en relación cos expedientes en tramitación, e en especial durante os periodos de información pública das anteditas materias.

XESTIÓN URBANÍSTICA
- Tramitación de expedientes de expropiación forzosa, de bens e dereitos a través de tódolos procedementos legalmente establecidos (expropiación ordinaria de urxencia e por tasación conxunta).
- Tramitación de expedientes de imposición de contribucións especiais para o finanzamento de obras públicas.
- Tramitación do procedemento de aprobación de todo tipo de proxectos de urbanización e de obras ordinarias.
- Tramitación do procedemento de recepción de obras de urbanización.
- Expedientes de declaración de ruina das edificacións, órdenes de execución de obras de obrigado cumplimento, e de inspección técnica das edificacións.

DISCIPLINA URBANÍSTICA
- Tramitación de expedientes de tramitación da orde xurídica infrinxida e da realidade física alterada por infraccións urbanísticas.
- Tramitación de expedientes de imposicións de sancións por infraccións urbanísticas.
- Tramitación e expedicción de certificacións acreditativas das condicións urbanísticas de terreos.

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova