Bos días José Ramón;
En relación ao seu correo indicámoslle que para tramitar un cambio de domiciliación bancaria ten polo momento dúas opcións:
-De xeito presencial nas oficinas municipais da Ronda da Muralla, no departamento de tesoreria (2ºandar)co DNI do propietario e o último recibo pagado.
-Por fax,o número 982 297 357, enviando copia do DNI, último recibo pagado e a primeira folla da libreta da conta bancaria onde figura os 20 díxitos e o DNI do titular.
Reciba un cordial saúdo,
Servizo de Información 010 do Concello de Lugo.
Miércoles, 18 de Marzo de 2009