Imprimir

XUNTA DE GOBERNO LOCAL EXTRAORDINARIA DO 14 DE OUTUBRO DE 2010 (EXTRACTO DOS ACORDOS)


Jueves, 14 de Octubre de 2010
EXTRACTO DOS ACORDOS ADOPTADOS POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL NA SESIÓN CELEBRADA O DÍA 14 DE OUTUBRO DE 2010

A Xunta de Goberno Local celebra sesión extraordinaria, en primeira convocatoria, o día catorce de outubro deste ano, baixo a presidencia do Excmo. Sr. Alcalde, DON JOSÉ CLEMENTE LÓPEZ OROZCO, e coa asistencia dos Ilmos. señores concelleiros DONA SONIA MÉNDEZ GARCÍA, DONA MARÍA DEL CARMEN BASADRE VÁZQUEZ, DONA LUISA MARÍA ZARZUELA GONZÁLEZ, DON LINO JOSÉ GONZÁLEZ-DOPESO GARCÍA, DON JOSÉ RÁBADE ARIAS e DON JOSÉ FERNANDO PIÑEIRO DÍAZ; e a membro da Xunta de Goberno Local que non ten a condición de concelleira, DONA MARÍA NOVO PENA. Actúa como Secretario o Concelleiro-Secretario da Xunta de Goberno Local, don Lino José González-Dopeso García, e asisten á sesión o Secretario Xeral do Pleno, don Luis Regal Pavón, e o Interventor Xeral Municipal, don Marcial Rodríguez Toajas, os cales foron convocados para o efecto. Adóptanse conforme ós termos da orde do día os seguintes acordos:

- Acórdase a adxudicación provisional da contratación das obras de peonalización e adecuación do contorno da rúa San Marcos na cidade de Lugo (Proxecto 09UR3101URBAN financiado 70% polo Fondo Europeo de desenvolvemento rexional).

- Acórdase a interposición de recurso de alzada contra a resolución/informe do Xefe Territorial en Lugo da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia sobre o expediente “Proxecto de sinalización do recinto amurallado de Lugo”.

- Acórdase a aprobación do proxecto técnico da obra de Centro Cultural Auditorio de Lugo.

- Acórdase resolver o procedemento disciplinario incoado contra un funcionario.

Lugo, 15 de outubro de 2010
O CONCELLEIRO-SECRETARIO,

Asdo.: Lino José González-Dopeso García