Imprimir

XUNTA DE GOBERNO LOCAL EXTRAORDINARIA DO 03 DE DECEMBRO DE 2010 (EXTRACTO DOS ACORDOS)


Viernes, 3 de Diciembre de 2010

EXTRACTO DOS ACORDOS ADOPTADOS POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL NA SESIÓN CELEBRADA O DÍA 3 DE DECEMBRO DE 2010

A Xunta de Goberno Local celebra sesión extraordinaria, en primeira convocatoria, o día tres de decembro deste ano, baixo a presidencia do Excmo. Sr. Alcalde, DON JOSÉ CLEMENTE LÓPEZ OROZCO, e coa asistencia dos Ilmos. señores concelleiros DONA SONIA MÉNDEZ GARCÍA, DONA MARÍA DEL CARMEN BASADRE VÁZQUEZ, DONA LUISA MARÍA ZARZUELA GONZÁLEZ, DON LINO JOSÉ GONZÁLEZ-DOPESO GARCÍA, DON JOSÉ RÁBADE ARIAS, DON JOSÉ FERNANDO PIÑEIRO DÍAZ e DON JOSÉ MANUEL DÍAZ GRANDÍO; e a membro da Xunta de Goberno Local que non ten a condición de concelleira, DONA MARÍA NOVO PENA. Actúa como Secretario o Concelleiro-Secretario da Xunta de Goberno Local, don Lino José González-Dopeso García, e asisten á sesión o Secretario Xeral do Pleno, don Luis Regal Pavón, e o Interventor Xeral Municipal, don Marcial Rodríguez Toajas, os cales foron convocados para o efecto, e o Xefe do Servizo de Contratación, Patrimonio e Fomento, dona Manuel Louzao Aldariz, para a exposición dun asunto que figura na orde do día. Adóptanse conforme ós termos da orde do día os seguintes acordos:

ÁREA DE ECONOMÍA E EMPREGO

1. INTERVENCIÓN.- Acórdase a aprobación do Proxecto de Orzamento Xeral do Excmo. Concello de Lugo correspondente ó exercicio do ano 2011 e documentos complementarios.

- Acórdase aprobar o expediente de modificación de créditos mediante a modalidade de transferencia de crédito MC TC 5/2010.

2. CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E FOMENTO.- Acórdase a modificación do contrato administrativo na concesión dos servizos de mantemento, conservación e explotación da Estación Depuradora de Augas Residuais de Lugo.

Lugo, 3 de decembro de 2010
O CONCELLEIRO-SECRETARIO,

Asdo.: Lino José González-Dopeso García