Imprimir

XUNTA DE GOBERNO LOCAL EXTRAORDINARIA DO 14 DE XANEIRO DE 2011 (EXTRACTO DOS ACORDOS)


Viernes, 14 de Enero de 2011
EXTRACTO DOS ACORDOS ADOPTADOS POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL NA SESIÓN CELEBRADA O DÍA 14 DE XANEIRO DE 2011

A Xunta de Goberno Local celebra sesión extraordinaria, en primeira convocatoria, o día deste ano, baixo a presidencia do Excmo. Sr. Alcalde, DON JOSÉ CLEMENTE LÓPEZ OROZCO, e coa asistencia dos Ilmos. señores concelleiros DONA SONIA MÉNDEZ GARCÍA, DONA MARÍA DEL CARMEN BASADRE VÁZQUEZ, DONA LUISA MARÍA ZARZUELA GONZÁLEZ, DON LINO JOSÉ GONZÁLEZ-DOPESO GARCÍA, DON JOSÉ RÁBADE ARIAS e DON JOSÉ FERNANDO PIÑEIRO. Actúa como Secretario o Concelleiro-Secretario da Xunta de Goberno Local, don Lino José González-Dopeso García, e asisten á sesión o Secretario Xeral do Pleno, don Luis Regal Pavón, e o Interventor Xeral Municipal accidental, don Xosé Manuel Cao Rei, os cales foron convocados para o efecto. Adóptanse conforme ós termos da orde do día o seguinte acordo:

- Acórdase a execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nº 1204/2010, de 25 de novembro de 2010, pola que se desestima o recurso de apelación nº 4056/2010, interposto por este Concello contra a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Lugo, de 16 de setembro de 2009, sobre anulación do acordo municipal de aprobación definitiva do proxecto de urbanización da Unidade de Actuación CS-5 do PXOU vixente.

Rematado o despacho do asunto incluído na Orde do Día, a Xunta de Goberno Local expresou o agradecemento ao Sr. Secretario Xeral do Pleno, don Luis Regal Pavón, polo traballo que veu realizando nestes anos de servizo público e dedicación a este Concello.

Lugo, 14 de xaneiro de 2011
O CONCELLEIRO-SECRETARIO,

Asdo.: Lino José González-Dopeso García