Imprimir

XUNTA DE GOBERNO LOCAL EXTRAORDINARIA DO 26 DE XANEIRO DE 2011 (EXTRACTO DOS ACORDOS)


Miércoles, 2 de Febrero de 2011
EXTRACTO DOS ACORDOS ADOPTADOS POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL NA SESIÓN CELEBRADA O DÍA 26 DE XANEIRO DE 2011

A Xunta de Goberno Local celebra sesión ordinaria, en primeira convocatoria, o día vinte e seis de xaneiro deste ano, baixo a presidencia do Excmo. Sr. Alcalde, DON JOSÉ CLEMENTE LÓPEZ OROZCO, e coa asistencia dos Ilmos. señores concelleiros DONA SONIA MÉNDEZ GARCÍA, DONA MARÍA DEL CARMEN BASADRE VÁZQUEZ, DONA LUISA MARÍA ZARZUELA GONZÁLEZ, DON LINO JOSÉ GONZÁLEZ-DOPESO GARCÍA, DON JOSÉ RÁBADE ARIAS, DON JOSÉ FERNANDO PIÑEIRO DÍAZ e DON JOSÉ MANUEL DÍAZ GRANDÍO; e a membro da Xunta de Goberno Local que non ten a condición de concelleira, DONA MARÍA NOVO PENA. Actúa como Secretario o Concelleiro-Secretario da Xunta de Goberno Local, don Lino José González-Dopeso García, e asisten á sesión o Secretario Xeral do Pleno, don José Antonio Carro Asorey, e o Interventor Xeral Municipal, don Marcial Rodríguez Toajas, os cales foron convocados para o efecto. Adóptanse conforme ós termos da orde do día os seguintes acordos:

ACTA.- Apróbase a acta da sesión da Xunta de Goberno Local, correspondente ao día 19 de xaneiro de 2011.

ÁREA DE URBANISMO

1. LICENZAS URBANÍSTICAS.- Acórdase a toma razón da sentenza firme número 01143/2010, ditada pola Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso contencioso administrativo número 24/09-A, interposto por Don Joaquín Buyo Amado, cuxo fallo desestimou o recurso de apelación interposto contra a sentenza do 27 de xullo de 2009 do Xulgado Contencioso Administrativo número 1, ditada no procedemento ordinario número 24/2009.

Acórdase a concesión das seguintes licenzas: para reforma e acondicionamento de local para supermercado no edificio sito na avda. da Coruña, número 74; para construción de patio de recreo anexo a nave agrícola con licenzas números 1072/01, 1027/04 e 423/09 en Esperante-Santalla de Esperante; para execución de muro de contención de cerramento de parcela no núcleo rural tradicional de Conturiz+San Amaro+Castro, Parroquia de Santo André de Castro; para cambio de uso de local comercial a garaxe privado grao 1º, 3 prazas, na planta baixa do edificio con licenza número 50/81, sito na rúa Túnel de Oural, número 51 e para cambio de uso de local comercial a garaxe privado (grao 1º) na planta baixa do edificio existente con licenza número 841/82, sito na rúa Alba, número 36.

Acórdase a denegación das seguintes licenzas: para legalización de entresollado e escaleira, no edificio con licenza de obra número 483/94, sito na praza Viana do Castelo, número 2; para ampliación de planta baixa sobre rampla de garaxe no edificio con licenzas números 316/87 e 83/90 sito na rúa Montero Ríos, número 45 e para cambio de uso de planta baixa de comercial a garaxe de uso privado no edifico sito na rúa Dona Urraca, número 45.

2. PLANEAMENTO.- Acórdase a aprobación definitiva do proxecto de compensación da Unidade de Actuación Centro Sur número 7 (rúa Senador Jacinto Calvo) do PXOU vixente, que modifica o aprobado pola Xunta de Goberno Local con data do 21-12-05.

ÁREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE

3. SERVIZOS SOCIAS.- Acórdase a corrección de erros e aceptación da renuncia do uso concedido á unha asociación no procedemento sobre a autorización de uso en precario dos locais da Casa Clara Campoamor de asociacións de interese social.

ÁREA DE ALCALDÍA

4. ACTAS E GOBERNO.- Acórdase o cesamento da actual Xefa da Asesoría Xurídica.

Acórdase o nomeamento do novo Xefe da Asesoría Xurídica.

Fóra da orde do día, e tras a declaración de urxencia previa, adóptanse os seguintes acordos:

- Acórdase a Delegación de competencia na Tenenta de Alcalde e Concelleira Delegada da Área de Economía e Emprego para a resolución de todos os actos de trámite e resolutivos en relación coa contratación da obra de teatro “El Avaro” dentro da programación da XI Mostra de Teatro Clásico.

- Acórdase a aprobación dos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares, así como do gasto e a adxudicación por procedemento aberto na contratación do servizo consistente na realización da creatividade, produción e edición dun audiovisual de promoción turística de Lugo e a planificación e compra de medios para a súa difusión e a apertura do procedemento de contratación.

- Acórdase aprobar a Proposta da Alcaldía sobre suplencia do Secretario Xeral do Pleno.