Imprimir

XUNTA DE GOBERNO LOCAL EXTRAORDINARIA DO 28 DE MARZO DE 2011 (EXTRACTO DOS ACORDOS)


Lunes, 28 de Marzo de 2011
EXTRACTO DOS ACORDOS ADOPTADOS POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL NA SESIÓN CELEBRADA O DÍA 28 DE MARZO DE 2011

A Xunta de Goberno Local celebra sesión extraordinaria, en primeira convocatoria, o día vinte e oito de marzo deste ano, baixo a presidencia da Excma. Sra. Alcaldesa en funcións, DONA SONIA MÉNDEZ GARCÍA, e coa asistencia dos Ilmos. señores concelleiros DONA MARÍA DEL CARMEN BASADRE VÁZQUEZ, DONA LUISA MARÍA ZARZUELA GONZÁLEZ, DON LINO JOSÉ GONZÁLEZ-DOPESO GARCÍA, DON JOSÉ RÁBADE ARIAS, DON JOSÉ FERNANDO PIÑEIRO DÍAZ e DON JOSÉ MANUEL DÍAZ GRANDÍO; e a membro da Xunta de Goberno Local que non ten a condición de concelleira, DONA MARÍA NOVO PENA. Actúa como Secretario o Concelleiro-Secretario da Xunta de Goberno Local, don Lino José González-Dopeso García, e asisten á sesión o Secretario Xeral do Pleno, don José Antonio Carro Asorey, e o Interventor Xeral Municipal, don Marcial Rodríguez Toajas, os cales foron convocados para o efecto. Adóptanse conforme ós termos da orde do día o seguinte acordo:

ÁREA DE ECONOMÍA E EMPREGO

1. FACENDA LOCAL.- Acórdase a aprobación do Proxecto de imposición e ordenación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas e declaracións responsables nas aperturas de establecementos.

Lugo, 28 de marzo de 2011
O CONCELLEIRO-SECRETARIO,

Asdo.: Lino José González-Dopreso García