Imprimir

XUNTA DE GOBERNO LOCAL EXTRAORDINARIO DO 27-6-2011


Miércoles, 29 de Junio de 2011 EXTRACTO DOS ACORDOS ADOPTADOS POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL NA SESIÓN CELEBRADA O DÍA 27 DE XUÑO DE 2011 
A Xunta de Goberno Local celebra sesión extraordinaria, en primeira convocatoria, o día vinte e sete de xuño deste ano, baixo a presidencia do Excmo. Sr. Alcalde, DON JOSÉ CLEMENTE LÓPEZ OROZCO, e coa asistencia dos Ilmos. señores concelleiros DON XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA, DONA SONIA MÉNDEZ GARCÍA, DON LUIS MANUEL ÁLVAREZ MARTÍNEZ, DONA MARÍA DEL CARMEN BASADRE VÁZQUEZ, DON LINO JOSÉ GONZÁLEZ-DOPESO GARCÍA, DONA PAZ ABRAIRA SOBRADO, DON JOSÉ MANUEL DÍAZ GRANDÍO e DON FRANCISCO JOSÉ FRAGA LÓPEZ. Actúa como Secretario o Concelleiro-Secretario da Xunta de Goberno Local, don Lino José González-Dopeso García, e asisten á sesión o Secretario Xeral do Pleno, don José Antonio Carro Asorey e o Interventor Xeral Municipal, don Marcial Rodríguez Toajas, os cales foron convocados para o efecto. Adóptanse conforme ós termos da orde do día os seguintes acordos:

ÁREA DE ALCALDÍA, RECURSOS HUMANOS E PROTECCIÓN DA COMUNIDADE

1. ACTAS E GOBERNO.- Deuse de conta da nova composición da Xunta de Goberno Local e determinación da periocidade das sesións ordinarias.

Acórdase a aprobación do novo réxime competencial da Xunta de Goberno Local, delegación de atribucións deste órgano e outros aspectos organizativos.

Tamén se acorda a aprobación do proxecto de modificación da base 18.J) 2 e 3 do Orzamento Xeral do Excmo. Concello de Lugo, correspondente ao exercicio do ano 2011.

Así mesmo, acordase a aprobación do cadro de persoal de funcionarios eventuais da corporación municipal 2011.