Imprimir

XUNTA DE GOBERNO LOCAL EXTRAORDINARIA DO 12 DE SETEMBRO DE 2011 (EXTRACTO DOS ACORDOS)


Martes, 13 de Septiembre de 2011
EXTRACTO DOS ACORDOS ADOPTADOS POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL NA SESIÓN CELEBRADA O DÍA 12 DE SETEMBRO DE 2011

A Xunta de Goberno Local celebra sesión extraordinaria, en primeira convocatoria, o día doce de setembro deste ano, baixo a presidencia do Excmo. Sr. Alcalde en funcións, DON XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA, e coa asistencia dos Ilmos. señores concelleiros, DONA SONIA MÉNDEZ GARCÍA, DON LUIS MANUEL ÁLVAREZ MARTÍNEZ, DONA MARÍA DEL CARMEN BASADRE VÁZQUEZ, DON LINO JOSÉ GONZÁLEZ-DOPESO GARCÍA, DONA PAZ ABRAIRA SOBRADO, DON JOSÉ MANUEL DÍAZ GRANDÍO e DON FRANCISCO JOSÉ FRAGA LÓPEZ. Actúa como Secretario o Concelleiro-Secretario da Xunta de Goberno Local, don Lino José González-Dopeso García, e asisten á sesión o Secretario Xeral do Pleno, don José Antonio Carro Asorey, e o Interventor Xeral Municipal, don Marcial Rodríguez Toajas, os cales foron convocados para o efecto. Adóptanse conforme ós termos da orde do día os seguintes acordos:

- Acórdase a aprobación dos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares, así como do gasto, a adxudicación por procedemento aberto e tramitación urxente na contratación da produción de espectáculos das festas patronais de san froilán 2011 e a apertura do procedemento de adxudicación.

- Acórdase a probación dos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares, así como do gasto e o procedemento de adxudicación na contratación do alugamento dos equipos de son e iluminación para a realización dos concertos do San Froilán e para os actos da lectura do pregón, do traxe rexional e a ofrenda a Rosalía de Castro.

Lugo, 13 de setembro de 2011
O CONCELLEIRO-SECRETARIO,

Asdo.: Lino José González-Dopeso García