Imprimir

XUNTA DE GOBERNO LOCAL EXTRAORDINARIA DO 2 DE DECEMBRO DO 2011 (EXTRACTO DOS ACORDOS)


Viernes, 2 de Diciembre de 2011
EXTRACTO DOS ACORDOS ADOPTADOS POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL NA SESIÓN CELEBRADA O DÍA 2 DE DECEMBRO DE 2011

A Xunta de Goberno Local celebra sesión extraordinaria, en primeira convocatoria, o día dous de decembro deste ano, baixo a presidencia do Excmo. Sr. Alcalde, DON JOSÉ CLEMENTE LÓPEZ OROZCO, e coa asistencia dos Ilmos. señores concelleiros DON XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA, DONA SONIA MÉNDEZ GARCÍA, DON LUIS MANUEL ÁLVAREZ MARTÍNEZ, DONA MARÍA DEL CARMEN BASADRE VÁZQUEZ, DON LINO JOSÉ GONZÁLEZ-DOPESO GARCÍA, DONA PAZ ABRAIRA SOBRADO, DON JOSÉ MANUEL DÍAZ GRANDÍO e DON FRANCISCO JOSÉ FRAGA LÓPEZ. Actúa como Secretario o Concelleiro-Secretario da Xunta de Goberno Local, don Lino José González-Dopeso García, e asisten á sesión o Secretario Xeral do Pleno, don José Antonio Carro Asorey, e a Interventora Xeral Municipal en funcións, dona Elva Anido Anido, os cales foron convocados para o efecto, a Letrada Asesora, dona Ana Isabel Saéz Mancebo e o Xefe do Servizo de Contratación, Patrimonio e Fomento, dona Manuel Louzao Aldariz. Adóptase conforme ós termos da orde do día o seguinte acordo:

- Acórdase adiar a aprobación do Convenio entre a Sociedade Estatal “Aguas de las Cuencas Norte, S.A.” e o Concello de Lugo para a execución e explotación das obras de “Colectores Generales del Río Miño en Lugo. Segunda fase”, á espera da incorporación de informes económicos, que aclaren diferentes puntos das condicións.

Lugo, 5 de decembro de 2011
O CONCELLEIRO-SECRETARIO,


Asdo.: Lino José González-Dopeso García