Actualidade

Martes, 23 de abril de 2024
O catedrático Jorge Mira inaugura este xoves o V Ciclo de Xornadas ‘Adiccións sen substancia’ organizado pola Área de Xuventude

A cita terá lugar ás 19:00 horas, no salón de actos do centro de convivencia muncipal de Fingoy. Será a primeira das catro conferencias organizadas polo Executivo de Alvarellos.

O ciclo abordará a prevención, sensibilización e investigación sobre a educación no mundo dixital e as relacións coas novas tecnoloxías e as adiccións sen substancia en xeral.

Martes, 23 de abril de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos promove o sábado un concerto gratuíto de Richard Sinclair, pioneiro do movemento do Canterbury Sound

Estará acompañado polo grupo Amoeba Split nunha cita organizada pola área de Xuventude o día 27. Será no Club Clavicémbalo ás sete da tarde e con entrada libre.

Martes, 23 de abril de 2024
Cristina López reúnese coa presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza coñeceu de primeira man as necesidades da Asociación de cara a futuras colaboracións.

"Seguimos escoitando as opinións do tecido asociativo e da veciñanza da cidade para planificar mellor o traballo a executar", afirmou López.

Luns, 22 de abril de 2024
O centro municipal Europe Direct Lugo organiza unha xornada sobre desinformación e fake news co politólogo e investigador Pablo Simón

O evento baixo o título: “Europa responde: desinformación e fake news”, terá lugar este xoves, a partir das 9:30 horas, no auditorio do centro cultural O Vello Cárcere.

Na xornada tamén participará María Campo, da Representación da Comisión Europea en España; e Teresa Coutinho, da Oficina do Parlamento Europeo en España.

Será aberta ao público e con acceso libre ata completar aforo e estará dirixida a estudantes, profesorado e á comunidade universitaria do Campus Terra.

Pablo Simón é profesor titular de ciencia política na universidade Carlos III de Madrid e  analista habitual en medios de comunicación como La Sexta, TVE ou Cadena SER.

Luns, 22 de abril de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos optimiza as instalacións deportivas de Frigsa e As Pedreiras

O Concello renovou parte do sistema eléctrico do centro deportivo situado no parque da Milagrosa e acometeu varias melloras nos vestiarios mentres que, no complexo da zona sur, modernizou o sistema de climatización do vaso e  actualizou o ximnasio.

Así mesmo, nas últimas semanas, realizáronse traballos no Pavillón municipal, no Palomar, no polideportivo da Piringalla, nas pistas das Termas e nos campos da Cheda e As Gándaras e Galegos cun inventimento superior aos 30.000 euros.

O edil Jorge Bustos anunciou que estas actuacións  enmárcase dentro do Plan Dinámico de Intervención posto en marcha pola súa área para conservar as instalacións deportivas municipais.