Cargando....
Concello de Lugo
18/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco e Lara Méndez anuncian que a casa abandonada do río Rato será substituída por zonas verdes


# Venres, 27/03/2015
O Alcalde e a Vicepresidenta Segunda da Deputación avanzaron que se demolerá o único inmoble da zona que leva décadas en ruinas e se acondicionará no seu lugar un espazo para uso público

Imaxe Asociada
O organismo provincial asumirá con medios propios as melloras, que se acometerán nun prazo máximo de 15 días e coas que se dá resposta ás peticións veciñais nos Orzamentos Participativos

O Alcalde, José López Orozco, e a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, anunciaron este venres que o organismo provincial substituirá a casa abandonada do río Rato, o único inmoble que se atopa en ruínas na zona, tras un incendio, dende hai décadas, por zonas verdes. López Orozco e Lara Méndez avanzaron que se demolerá este edificio de tres plantas situado no barrio da Chanca e se acondicionará no seu lugar un espazo para uso público co axardinamento da parcela.

O organismo provincial acometerá con medios propios e nun prazo máximo de 15 días estas obras de humanización do entorno do río Rato, coas que cumpre coas peticións que lle transmitiron os veciños durante a elaboración dos Orzamentos Participativos. A ampliación de zonas verdes na provincia, así como dar continuidade ao cinto verde do Rato centraron numerosas solicitudes veciñais, como as presentadas pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo.

O Alcalde destacou que “logo de que a Deputación comprara a casa, o Concello deulle a orde de derribo, que o organismo provincial vai a cumprir, polo que quedará unha visión moito máis ampla do paseo do río ao tempo que Lugo gaña un zona verde máis”.

López Orozco tamén lle agradeceu á Deputación esta mellora “nunha zona de Lugo, moi bonita e moi utilizada polos lucenses”.

Lara Méndez explicou que se trata duns traballos enmarcados na liña de actuacións de mellora na contorna do Río Rato e Fervedoira, que contan cunha partida de 100.000 euros nos orzamentos do 2015. “Optimizamos os nosos recursos co fin de aforrar custes. Por este motivo, os técnicos provinciais levarán a cabo de xeito inmediato os labores que inclúe esta iniciativa”, asegurou.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova