Cargando....
Concello de Lugo
20/05/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello e a Deputación dotarán a tres novas prazas de Lugo de wifi con acceso gratuíto a Internet


# Venres, 27/03/2015
 As prazas Maior, Anxo Fernández Gómez e Campo Castelo terán conexión á Rede grazas a un convenio entre as dúas institucións

O Alcalde, José López Orozco, e a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez informaron hoxe dunha nova colaboración entre as dúas institucións grazas a cal tres prazas de Lugo pasarán a ter wifi con acceso gratuíto a Internet.

Logo do éxito da praza wifi de San Marcos, que ten unha media diaria de 150 usuarios, o Concello de Lugo e a Deputación van colaborar na creación de 3 novas prazas wifi: Trátase das prazas Maior, Anxo Fernández Gómez e Campo Castelo, que estarán en funcionamento a finais da primavera. A Xunta de Goberno da Deputación provincial aprobou hoxe o convenio de colaboración entre as dúas institucións por valor de 22.000 euros. 

O proxecto supón a instlación de 6 puntos wifi: 2 na fachada do Consistorio lugués e 2 onde está o templete da música, para facilitar a conexión á Rede dende calquera punto da Praza Maior; así como outros 2 na parte de atrás do Casa do Concello para dar cobertura ás prazas de Anxo Fernández Gómez e Campo Castelo. A conexión, que se poderá facer dende calquera dispositivo móbil (ordenador portátil, PDA, teléfono…), será libre e gratuíta.

As 4 prazas wifi da capital luguesa engádense ás 48 doutros tantos concellos da provincia, que tamén creou gratis a Deputación a través do Innova-TE, sumando un total de 52. A Xunta de Goberno da institución provincial aprobou hoxe a renovación deste servizo durante 14 meses. O organismo provincial inviste nesta prestación 210.000 euros, supoñendo custo cero para os Concellos. Os 48 municipios que decidiron sumarse voluntariamente ao Innova-TE e conta con prazas wifi son os seguintes: Abadín, Baleira, Baralla, Becerreá, Begonte, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cervo, Chantada, O Corgo, A Fonsagrada, Friol, Guitiriz, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita, A Pobra do Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, Sober, Taboada, Triacastela e Viveiro.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova