Cargando....
Concello de Lugo
18/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde e a Vicepresidenta da Deputación visitan os traballos de ampliación das instalacións da Protectora de Animais


# Luns, 30/03/2015


Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, xunto co Concelleiro de Servizos Xerais, Manuel Núñez, a Deputada provincial de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, e o presidente da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo, Javier García Calleja, supervisaron este domingo a execución das obras de peche dunha parcela de titularidade provincial en Codesido cunha superficie de 4 hectáreas, que será cedida posteriormente á entidade co fin de ampliar as súas instalacións.

Lara Méndez destacou que con este novo espazo, que multiplica por 14 a superficie da que dispón hoxe, “a Protectora cumpre cunha das súas grandes aspiracións”, pois as actuais dependencias, de 3.000m2 e creadas hai 33 anos, están obsoletas e quédanse pequenas para acoller aos arredor de 400 animais que están ao seu coidado.

“Aínda non o podemos crer. Este espazo é fundamental para garantir o benestar dos animais, que é polo que nós traballamos”, subliñou pola súa banda o presidente da Protectora, quen explicou que o obxectivo é que esta gran extensión de terreo serva para o esparexemento dos animais e, nomeadamente, para o disfrute das familias lucenses que teñen algún deles apadriñado, a día de hoxe unhas 260. 

As actuacións que se están a realizar, dotadas cun orzamento de 26.000 euros, están financiadas polo organismo provincial. Os traballos, que rematarán previsiblemente en dúas semanas, consisten na instalación dunha valla de malla galvanizada de simple torsión de 785 metros de perímetro e 2 metros de altura. Esta atópase sustentada por postes metálicos colocados cada 3 metros de distancia, que descansan sobre zapatas de formigón.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova