Actualidade

Xoves, 18 de abril de 2024
Luce Lugo adaptará a colocación dos colectores de lixo temporais no Centro Histórico co obxectivo de compatibilizar as necesidades do uso comercial, hostaleiro e residencial

A empresa concesionaria do servizo de limpeza fará unha sectorización do espazo de forma que os usos predominantes por zonas sexan tidos en consideración á hora de colocar os puntos de recollida temporais.

“Esta medida permitiranos mellorar o ornato público e minimizar unha práctica que afea a imaxe do centro a esa hora como é o depósito de bolsas de residuos e embalaxes na vía pública”, asegurou o edil.

Xoves, 18 de abril de 2024
O Plan de Turismo Sostible do Concello de Lugo protagonista nun seminario de intercambio de experiencias entre Galicia e Portugal

Mauricio Repetto presentou esta estratexia e as actuacións realizadas polo goberno municipal para mellorar a accesibilidade ao patrimonio histórico nun foro en Vila Real.

“Este plan permitirá posicionarnos como un destino enogastronómico mediante un conxunto de actuacións no eido da transición dixital, a eficiencia enerxética, a competitividade e a transición verde e sostible”, destacou o edil.

Mércores, 17 de abril de 2024
O servizo municipal de limpeza e recollida de residuos Luce Lugo resolveu 965 incidencias e peticións cidadás ao longo do 2023

O edil de Transición Ecolóxica fixo balance das actuacións levadas a cabo durante o pasado ano pola empresa concesionaria do servizo a demanda da veciñanza.

O 26,3% das peticións estiveron relacionadas coa recollida de enseres, seguidas daquelas demandas de labores de limpeza viaria e de recollida de residuos sólidos urbanos.

Miguel Fernández: “A través da interacción por parte da cidadanía queremos alcanzar unhas maiores cotas de eficiencia e chegar á excelencia na calidade do servizo”.

Martes, 16 de abril de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos solicitará á Xunta que o centro de saúde da Milagrosa leve o nome de Plácido Vila

“Este recoñecemento é unha forma de honrar toda a súa contribución social e o seu gran legado humano e serviría para consumar un merecido xesto de aprecio pola súa dedicación en prol do benestar de varias xeracións de lucenses”, sinalou a alcaldesa.

“Preservar a memoria de profesionais destacadas e destacados contribúe a reforzar a nosa identidade como cidade. As historias compartidas, os logros alcanzados e os desafíos superados forman parte da nosa memoria colectiva”, concluíu Alvarellos Fondo.

Martes, 16 de abril de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos pon en marcha axudas para entidades que contribúan a dinamizar a economía e a xerar emprego en Lugo

A Xunta de Goberno Local aprobará mañá as bases e a apertura da nova convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a que o executivo destinará 22.500 euros.

“Queremos seguir brindando apoio a todas aquelas iniciativas e proxectos locais cos que se acade a xeración de emprego”, explicou Mauricio Repetto.