Imprimir

Que é?
O “Fogar do Transeúnte” é o nome que recibe o albergue municipal do Concello de Lugo. Trátase dun equipamento destinado a proporcionar, con carácter temporal e de xeito gratuíto, servizos de aloxamento e manutención ás persoas transeúntes e outras persoas carentes de recursos económicos e/ou en situación de emerxencia social.

Que servizos presta?
- Unidade de atención a persoas transeúntes e sen teito (situada no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra, terceiro andar)
- Servizos de aloxamento e manutención (16 prazas de aloxamento para homes, 4 para mulleres e 40 de comedor).
- Servizos de hixiene e lavandería.
- Enderezo postal.