Logo Nombre
Galego | Castellano A A A
Curso 2023 / 2024
Logo Concello
Agenda
Enviar
Imprimir
Martes, 16 Abril 2024
Inicio -> Obxetivos
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DO CENTRO

1.- Servir e educar para o futuro .

A nosa sociedade, a pesares das positivas transformacións, sofre aínda situacións de inxustiza, insolidariedade, desigualdade, problemas de convivencia social e diminución de certos valores éticos. Nesta sociedade viven os alumnos e, a pesares de que non sempre é a máis axeitada para os obxectivos que se pretenden, nela teñen que formarse como persoas responsables e solidarias. De aí que este Centro, de acordo cos ámbitos culturais e educativos que Ile son propios, se constitúa como unha institución que atenda sempre ás necesidades e intereses sociais do seu contorno, contribúa por medio da formación dos seus alumnos ó progreso e meIlora do seu barrio, da súa cidade e da comunidade á que estes pertencen, facendo que se interesen pola súa terra, coñecendo e sabendo valora-la súa cultura, tradicións e valores e se impliquen nos problemas do contexto social e cultural no que vivan.

2.- Educar para a liberdade, a responsabilidade e a madurez.

Dende a consideración humana do individuo, o obxectivo é educar para a liberdade, a responsabilidade e a madurez persoal. O Centro proponse educar ó seu alumnado no exercicio responsable da súa liberdade para que, libre e responsablemente, elixa as súas propias opcións, actúe de acordo con elas e acepten e valoren as súas consecuencias o que os levará á madurez persoal, á consecución dun concepto positivo de si mesmos e á consideración dos valores humanos e da vida mesma. Estamos na crenza de que á madurez chégase, sobre todo, dende a propia autonomía mediante o compromiso e a valoración do mundo que nos rodea.

3.- Educar para a convivencia e a solidariedade .

O Centro trata de educar en e para a tolerancia, a solidariedade e a convivencia social, a paz e a igualdade, fomentando nos alumnos actitudes de diálogo, de respecto mutuo e de respecto cara tódolos pobos e culturas facendo que coñezan e valoren os dereitos e liberdades fundamentais presentes na Declaración Universal de Dereitos Humanos e na Constitución Española e procurando que participen democraticamente na convivencia e nas relacións diarias. No convencemento de que a educación do alumnado ten que ser unha educación integral que sirva para fornar homes e mulleres responsables e comprometidos cun mundo mellor e máis xusto.

4.- A aprendizaxe como resultado dunha experiencia.

Pártese de que a aprendizaxe supón un cambio, relativamente pernanente, das estructuras ou esquemas cognitivos previos, o que permite abordar novas aprendizaxes, e que se dá como resultado dunha experiencia que esixe ó alumnado prestar atención, estructura-la información e integrala adecuadamente para poder aplicala no momento requirido. Na medida das súas posibilidades e do esforzo conxunto, o Centro proponse como meta unha educación de calidade co obxecto de axudar a consegui-lo éxito académico do seu alumnado, superando unha ensinanza puramente memorística, de comprensión pasiva e de mera aplicación rutineira. Para tal fin os equipos de ciclo realizaron unha preparación e unha planificación axeitada de tódalas súas tarefas, de tal xeito que as súas clases se convertan realmente nunha experiencia de aprendizaxe na que os alumnos se propoñan e cheguen a aprender a pensar e a aprender a aprender desenvolvendo tódalas súas capacidades intelectuais mediante unha participación activa en tódalas tarefas escolares e unha consideración reflexiva desa experiencia de aprendizaxe que lles permita integralos significativamente nas súas estructuras cognitivas. Tendo sempre en conta, igualmente, por parte do profesorado, os conceptos previos e os diferentes estilos de aprendizaxe, así como as diferencias dos alumnos e alumnas menos preparados e de aqueles con necesidades educativas especiais, co obxecto de chegar, na medida do posible, a unha ensinanza personalizada.