Portal Comunidade Escolar

Portal Comunidad Escolar

INFORMACIÓN

A Comunidade Escolar nace coa idea de crear un nexo de unión entre os centros escolares localizados no Concello de Lugo, ademais de prover a toda a comunidade educativa dunha ferramenta sinxela e eficaz de traballo, así como de dotar aos centros escolares de recursos educativos.

Informacion
Trátase dunha iniciativa promovida pola Concellería de Educación que pretende ser un referente institucional e profesional para a información e comunicación vía Internet entre os membros da comunidade educativa.

O seu obxectivo principal é o de establecer unha interacción ente os distintos centros escolares do Concello e que, grazas a isto, se promova o traballo colaborativo e basado na participación entre todos os seus membros.

Grazas á Comunidade Escolar mellorarase a comunicación entre o profesorado, alumnado e familias, difundindo as distintas actividades que se levan a cabo en cada centro escolar: datas de matrícula, intalacións, recursos didácticos, información sobre as actividades extraescolares...

Profesorado, familias e alumnado están invitados a empregar e a participar nesta Comunidade Escolar!