O Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus) de Lugo quere ser un instrumento útil para o emprendedor. As nosas accións están dirixidas a acompañalo nos seus primeiros pasos.
As empresas que xa traballan nas nosa instalacións caracterízanse polo seu carácter innovador e pola sensibilidade para incorporar as novas tecnoloxías ao seu traballo. Estamos ante ideas empresariais nadas en Lugo, proxectos que o CEI valorou como viables, pero que todavía teñen que consolidarse no mercado.
Nas seguintes seccións, relacionamos as empresas e emprendedores que
están a desenvolver a súa actividade nas instalacións do CEI-NODUS, tanto nos locais do viveiro de empresas coma nos espazos dedicados a coworking e a semilleiro de empresas.
Tamén se relacionan as empresas e emprendedores que no seu día
estiveron nos locais do viveiro de empresas, pero que na actualidade están desenvolvendo a súa actividade noutras ubicacións por ter rematado o tempo máximo de estadía no CEI-NODUS.