A innovación xunto coa posta en marcha de iniciativas de I+D son factores fundamentais no aumento da competitividade das nosas empresas. É por esto que dende o Centro de Empresas pretendemos fomentar a innovación no tecido empresarial da nosa cidade.
O Centro de Empresas conta cun punto PiDi no que se ofrecen unha serie de servizos de apoio á I+D+i e asesoría tecnolóxica para as empresas, estean ou non instaladas no viveiro:
- Asesoramento en Innovación
- Identificación de actividades innovadoras
- Subvencións e créditos á innovación
- Asesoramento sobre I+D
- Identificación de actividades de I+D
- Busca de socias e socios
- Contacto con grupos de investigación da Universidade
- Axudas estatais para a I+D
- Execución de proxectos co apoio do CDTI
- Financiamento da I+D