O Centro de Empresas e Innovación aposta pola formación coma un dos pilares das nosas actividades, cos seguintes obxectivos:
- Mellorar a cualificación do persoal traballador
- Mellorar a competitividade do tecido empresarial do concello de Lugo
- Ofrecer accións formativas novas, á vangarda das necesidades empresariais
- Ofrecer formación práctica e de calidade
- Formación ocupacional e continua.
- Formación específica para persoas emprendedoras.
- Formación a medida para empresas
- Cursos para adaptación das traballadoras e traballadores ás innovacións tecnolóxicas.