Logotipo

PAIT


O Punto de Asesoramento e Inicio de Tramitación (PAIT) é un novo servizo do CEI orientado a estimular a creación de empresas. Trátase dunha iniciativa gratuita destinada a emprendedores e pequenos empresarios que lles ofrece a éstes asesoría na xestación da empresa e durante os primeiros anos da mesma, ademais de iniciar e completar o trámite administrativo de creación dunha sociedade.

O PAIT busca axudar na creación de empresas sólidas e competitivas a partir do fomento da Sociedade Limitada da Nova Empresa (SLNE), un novo réxime xurídico que garante que o patrimonio persoal e empresarial estean separados e que está pensado para os proxectos empresariais máis pequenos (proxectos de 1 a 5 socios e incluso unipersoais) e que conten cun capital social mínimo de 3.012 euros.

A súa principal carácterística é que ten un dobre papel, por un lado asesora os emprendedores na xestación do proxecto e durante os primeiros anos de actividade e polo outro inicia e completa o trámite administrativo de creación da sociedade. Deste xeito, no PAIT recóllense todos os datos necesarios para a constitución dunha pequena empresa e trasládanse a cada un dos organismos que interveñen nese trámite. De seguido concértase unha cita en liña para que o emprendedor acuda ao notario e éste lle outorgue a escritura de constitución da empresa.

Dende o PAIT realízanse tamén os trámites ante a Seguridade Social (dar de alta a empresa, o traballador ou traballadores e os socios).

Seguindo esta metodoloxía o emprendedor só ten que acudir presencialmente ao PAIT e ao notario, consegue acurtar os prazos para a creación e posta en marcha da súa empresa (só 48 horas) e conta cunha serie de vantaxes fiscais.

Tramitación ordinaria dunha Sociedade Limitada Tramitación no PAIT dunha Sociedade Limitada Nova Empresa
É preciso facer arredor unha ducia de trámites Con dous trámites pode constituírse unha empresa
Non hai vantaxes fiscais Incentivos fiscais en forma de adiamento de impostos
Os socios responden nos avais co seu patrimonio persoal A responsabilidade limítase ao capital achegado
Pode tardar ata dous meses Faise en 48 horas

PAIT
Grazas ao PAIT acurtanse os prazos de creación dunha empresa ata as 48 horas

Descargas e Enlaces




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovación