Logotipo
Inicio > Emprendedores > Admisión

Admisión


Unha idea

O primeiro paso para entrar no Centro de Empresas e Innovación (CEI) é ter unha idea empresarial e a convicción persoal de que pode ser viable. A iniciativa debe ter, preferentemente, base tecnolóxica ou carácter innovador, cando menos a nivel local.
null

Preséntanos a túa idea

O primeiro contacto pasa por achegarse ao CEI e expoñer esa idea. O intercambio de impresións é a base para que os técnicos determinen se a iniciativa é susceptible de atopar cabida no Centro. É importante contar cunha memoria básica na que se plasmen as liñas principais do proxecto.

Se a idea presentada non ten o perfil necesario para albergarse no CEI (por exemplo por requerir unha actividade que non se poida realizar nas instalacións) o emprendedor poderá contar coa nosa colaboración para facer o plan de empresa e acceder á información sobre axudas, subvencións ou préstamos.

Da idea ao plan de empresa

Se o CEI considera que o proxecto presentado é viable para acceder a un espazo no Centro o seguinte paso é a realización do plan de empresa. Do que se trata é de identificar, describir e analizar a viabilidade técnica, ecónomica e financeira do proxecto e de facelo por escrito.

Dende o CEI guíase o emprendedor no deseño do plan, aínda que se considera que a elaboración é persoal e cun alto compromiso polo que implica de reflexión sobre a idea.

O plan de empresa desenvolve os procedementos e as estratexias necesarias para convertir esa oportunidade de negocio nun proxecto empresarial e cumpre a dobre función de guía de planificación e carta de presentación na búsqueda de financiamento. Tamén hai que indicar cal é a forma xurídica a adoptar para constituírse como empresa, cuestión na que o CEI asesora o emprendedor para elixir aquela que máis se adapte ás suas necesidades, aos medios de que dispón ou ás axudas ás que pode acceder.

Ordear a información depende da complexidade da iniciativa pero pode levar entre 15 e 45 días.

O emprendedor pode contar cun espazo no viveiro de empresas durante un máximo de seis meses para desenvolver o plan de empresa.

A solicitude

Cando o Plan de Empresa está rematado, preséntase ante a dirección técnica do Centro para que proceda á súa avaliación; entón solicítase a autorización de uso dun dos espazos. O CEI estuda o Plan de Empresa e reúnese cos promotores para solventar dúbidas ou mellorar distintos aspectos. De seguido emitirá un informe sobre a idoneidade de concederlles un espazo.

Legalmente o equipo técnico do Centro conta con tres meses de prazo para dar unha resposta, pero comprométese a facelo nun máximo dun mes.

Se o emprendedor xa chega ao CEI cun plan de empresa formulado igualmente pode presentalo para que sexa avaliado do mesmo xeito que calquera outro que fora asesorado na súa confección polo persoal técnico do Centro.

A túa empresa no CEI

Se a resposta é positiva, o emprendedor, previa resolución do Concello de Lugo, pode tomar posesión do espazo. Para iso debe depositar unha fianza de 600 euros que lle será devolta ao remate da súa estadía no Centro; ésta fíxase en 12 meses, que poden prorrogarse ata 36.

Unha vez no CEI o emprendedor continúa contando co asesoramento dos técnicos do Centro para consolidar o seu negocio. Así ofréceselle apoio en I+D+i, TICs, información sobre subvencións, relación con clientes e proveedores, etc.

Procedemento de presentación de solicitudes.

As solicitudes de admisión, deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello (Centro de Servizos Municipais Ronda da Muralla, 197, baixo 27002 Lugo)

Mais información.

Centro de empresas e innovación