Logotipo
Inicio > null


O Centro de Empresas e Innovación de Lugo está ao servicio de todas as empresas de Lugo, pero sobre todo quere ser un instrumento útil para os emprendedores. As nosas accións están dirixidas a apoialos e por iso adaptamos a eles a nosa oferta e toda unha serie de servizos. emprendedores

Un deles é o semilleiro de empresas, un espazo diferenzado para que aqueles que teñe unha idea de negocio traballen sobre os seus proxectos e poidan simular as condicións que acadarán unha vez boten a andar. O semilleiro serviralles para contrastar experiencias, facer contactos e, en definitiva, iniciar a posta en marcha da súa empresa.

Con este obxectivo o Centro de Empresas e Innovación ofrece información, asesoramento e titorización aos emprendedores acollidos no semilleiro, que poden facer uso das instalacións do Centro nas mesmas condicións que as empresas situadas no mesmo.

Ademais, o equipo técnico do CEI ofrécelle a cada unha das empresas asentadas no Centro seguemento e asesoramento en:
  • Consultoría empresarial e tecnolóxica e, dun xeito particular, asesoramento en procesos de spin-off.
  • Servizo de información e orientación nos trámites de posta en marcha da nova empresa.
  • Información inmediata sobre subvencións, axudas, bases de datos e outros aspectos de interese para a empresa.
  • Xestión e difusión da transferencia tecnolóxica e promoción de actividades de innovación.
  • Formación contínua, e dun xeito especial, cursos divulgativos e especializados en novas tecnoloxías.
  • Servizo de diagnóstico de problemas e de aplicación de solucións.
  • Asesoramento e procura de financiamento.
  • Servizo de información on-line.
  • Identificación de mercados potenciais e oportunidades de negocio.
  • Servizo de recepción de correo e domiciliación postal ex post.
  • Servizos loxísticos e administrativos.

Centro de empresas e innovación