Logotipo
Inicio > As nosas instalacións

As nosas instalacións


O CEI-Nodus dispón dun abano de espazos adaptables ás necesidades de cada empresario e de cada actividade:
  • 14 módulos de oficina de 32 m2.
  • 4 módulos de oficina de 64 m2.
  • 5 módulos de obradoiro de entre 50 e 150 m2.
  • 2 módulos de laboratorio de 62 y 104 m2.
Pexego

Cada un dos despachos dispón de mobiliario básico (mesas e cadeiras de traballo, caixoneiras e armarios con chave) e están provistos de calefacción e teñen preinstalación eléctrica, auga, teléfono e internet.

Existe ademáis un espazo destinado ao semilleiro de empresas. Neste momento ata cinco empresas poden madurar neste ámbito a súa idea de negocio e traballar sobre o seu proxecto.

Por outra banda o centro conta cunha serie de espazos para uso común:
  • Zona de recepción e información.
  • Sala multiusos con zona de descanso con TV e vídeo.
  • Aula de formación con capacidade para 30 alumnos.
  • Aula TIC con 16 equipos en rede.
  • Sala de conferencias cun aforo para 70 persoas dotada con medios audiovisuais e sistema de tradución simultánea.
  • Sala de reunións con capacidade para 12 asistentes.
  • Sala de videoconferencia IP con capacidade para 10 persoas.
  • Sala de demostracións tecnolóxicas con 6 postos en rede e pantalla táctil de 50".
  • Sala multimedia con estación de traballo, 21 equipos en rede e pantalla smartboard táctil de 67".
  • Cafetería
  • Aparcadoiro para 200 turismos

O CEI conta cun equipamento completo canto a infraestruturas tecnolóxicas e da comunicación. Por iso un dos seus servizos a disposición dos titulares das autorizacións de uso dos módulos é a conexión gratuita a internet por cable.

Do mesmo xeito o CEI conta con medidas de aforro e de eficiencia enerxética e cun sistema de control de acceso por tarxeta de proximidade, ademais dun sistema de videovixiancia por circuito fechado de televisión e control de accesos, dun sistema de detección e alarma automática de incendios e dun sistema de alarma, intrusión e roubo.

Instalaciones CEI Nodus
As nosas instalacións adáptanse as túas necesidades

Download and Links


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovación