Logotipo
Inicio > Emprendedores > Lanza o teu proxecto

Lanza o teu proxecto


Desde o ano 2004 o Concello de Lugo conta co CEI-NODUS para a promoción do emprendemento e o fomento do emprego na nosa cidade. Ao longo destes anos foron centos de emprendendores os que se achegaron ás súas instalacións coa ilusión de poñer en marcha o seu proxecto empresarial; e aínda que sabemos que moitos deles chegaron a facerse realidade, tamén somos conscientes de que outros moitos foron quedando polo camiño, xa fose por falla de apoios sociais, institucionais e/ou económicos, que lles permitiran seguir adiante.

Encontra a colaboración para o teu proxecto

Esta nova iniciativa do Concello de Lugo xurde a raíz das inquedanzas amosadas por moitas das persoas asesoradas que non encontraron apoio para os seus proxectos polas vías tradicionais.  A través desta sección pretendemos darlles a oportunidade de publicar e dar a coñecer as súas ideas de negocio e os seus proxectos, os cales precisan dalgún tipo de apoio para a súa materialización, tales como a búsqueda dun socio traballador e/ou capitalista, dun local, dun experto no eido da súa actividade empresarial, etc.

Esta plataforma pretende servir de punto de encontro para as persoas comprometidas coa nosa cidade que queiran prestar o seu apoio ás ideas das/os emprendedoras/es,  e aos seus proxectos para poder levalos a cabo.

Para participar os emprendedores interesados en publicar as súas iniciativas empresariais deben encher o formulario de publicación que poden atopar no enlace á dereita desta páxina e envialo por correo electrónico á dirección infoarrobacei.lugo.es

Se desexa axudar ou colaborar con algún dos proxectos empresariais publicados, descargue o formulario de colaboración, á dereita desta páxina.

Centro de empresas e innovación