Busca por letra ou por termo, ou introduce ti un termo do que queiras ter información.
| Opiáceos_
Familia de substancias psicoactivas derivadas dos alcaloides do opio. O opio é unha substancia resinosa procedente da durmideira Papaver somniferum, consumido desde a antigüidade polas propiedades medicinais e psicotrópicas.
Podemos clasificar os opiáceos do seguinte modo:
A. Opiáceos naturais: alcaloides derivados do opio como morfina e codeína.
B. Opiáceos semisintéticos: elaborados quimicamente a partir da morfina, como é a heroína.
C. Opiáceos sintéticos: elaborados por completo en laboratorios, como por exemplo a metadona.
Os opiáceos teñen un gran poder analxésico, polo que teñen unha clara indicación médica naqueles procesos patolóxicos que cursan con dor (distintas formas de cancro, por exemplo).
Ademais da súa acción sobre a percepción da dor producen unha sensación de benestar e euforia, acompañada de sedación
| Opio_
Resina obtida mediante a incisión do froito ou a cápsula da planta Papaver Somniferum L.