Logotipo
Inicio > Proxectos Europeos > Muralla Dixital

Muralla Dixital


A Muralla de Lugo foi obxecto de diversos proxectos por ser un importante polo de atracción turística para os visitantes de Lugo, e sobre todo, dende que no ano 2000 foi recoñecida como patrimonio da humanidade.
A partires deste recoñecemento o interese do concello por dar a coñecer a muralla foi máis aló ao conseguir o seu irmandamento coa Gran Muralla China no ano 2007.
Agora, no ano 2011 a través do proxecto Muralla Dixital, que financia a Unión Europea a través dos fondos FEDER, o concello pretende que a Muralla de Lugo e o patrimonio histórico da cidade sexan postos en valor.
Neste proxecto, ademáis do Concello de Lugo como lider do proxecto, participarán as  seguintes institucións de Galicia e Portugal:
  • Concello de Santiago de Compostela
  • Cámara Municipal de Valença
  • Cámara Municipal de Melgaço
  • Cámara Municipal de Monçao
O proxecto contará tamén coa colaboración de dous socios tecnolóxicos:
  • Ineo
  • Centro de Computaçao Grafica da Universidade de Minho
null

Pode obter unha descrición pormenorizada das actuacións que se van acometer en cada unha das cidades participantes no proxecto, seguindo os enlaces á dereita desta páxina cos documentos amosados durante a xornada de presentación do proxecto.

Centro de empresas e innovación