Logotipo
Inicio > Proxectos Europeos > Muralla Dixital

Muralla Dixital


A Muralla de Lugo foi obxecto de diversos proxectos por ser un importante polo de atracción turística para os visitantes de Lugo, e sobre todo, dende que no ano 2000 foi recoñecida como patrimonio da humanidade.
A partires deste recoñecemento o interese do concello por dar a coñecer a muralla foi máis aló ao conseguir o seu irmandamento coa Gran Muralla China no ano 2007.
Agora, no ano 2011 a través do proxecto Muralla Dixital, que financia a Unión Europea a través dos fondos FEDER, o concello pretende que a Muralla de Lugo e o patrimonio histórico da cidade sexan postos en valor.
Neste proxecto, ademáis do Concello de Lugo como lider do proxecto, participarán as  seguintes institucións de Galicia e Portugal:
  • Concello de Santiago de Compostela
  • Cámara Municipal de Valença
  • Cámara Municipal de Melgaço
  • Cámara Municipal de Monçao
O proxecto contará tamén coa colaboración de dous socios tecnolóxicos:
  • Ineo
  • Centro de Computaçao Grafica da Universidade de Minho
null

Obxectivos:

Coa execución deste proxecto o Concello de Lugo pretende acadar os seguintes obxectivos:
  1. A valorización e difusión do patrimonio histórico-artístico e arqueolóxico da cidade de Lugo, con especial referencia á muralla de orixe romana, a través das novas tecnoloxías da información e da comunicación (NTIC´S).
  2. Promover a formación e a creación de emprego no sector do Patrimonio Cultural, orientado fundamentalmente a mozos/as na procura da súa primeira experiencia profesional, para a súa inserción laboral como traballadores por conta allea en empresas especializadas, ou a través do autoemprego.

Pode obter unha descrición pormenorizada das actuacións que se van acometer en cada unha das cidades participantes no proxecto, seguindo os enlaces á dereita desta páxina cos documentos amosados durante a xornada de presentación do proxecto.

null
O proxecto está cofinanciado pola UE

Descargas e Enlaces


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovación