Logotipo
Inicio > Formación > Formacion Online

Formacion Online


O Aula Auxiliar Mentor do Concello de Lugo desenvolve un sistema de formación aberta, libre e a distancia (a través de Internet), apoiado nunha plataforma tecnolóxica que ofrece unha ampla oferta formativa adaptada aos intereses e necesidades da poboación.

Aula Mentor caracterízase pola súa flexibilidade da que se benefician todos os que participan: o alumnado planifica o seu propio itinerario formativo, determina o seu ritmo de traballo e elixe tanto o horario como o lugar onde estudar o curso; o titor ou titora ten liberdade de horario para tutelar aos seus alumnos dende o seu domicilio; as institucións colaboradoras adaptan a oferta formativa e os horarios da aula ás necesidades de formación da súa zona e aos intereses dos alumnos.

Os cursos poden realizarse dende a casa se o alumno dispón de conexión a internet. De non ser o caso o concello de Lugo pon a súa disposición un aula co equipamento necesario para poder desenvolver os cursos: conexión a Internet, programas informáticos, materiais e asesoramento dos administradores do aula, para toda aquela persoa matriculada nun curso.

O horario de apertura do aula é de luns a vernes de 8:30 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os vernes de 8:30 a 14:30 horas.

Aula Mentor ofrece cursos de formación non reglada a unha poboación destinataria con expectativas de acceder a un emprego, de actualizar o seu sistema de traballo ou aumentar a súa cultura.

Ao rematar o curso de formación e unha vez superada a proba final, os alumnos e as alumnas obteñen un certificado de aproveitamento no que consta o número de horas realizadas e que é expedido polo Ministerio de Educación y Ciencia e no seu caso pola Consellería de Educación”.

A cuantía da matricula para acceder á plataforma mentor e realizar un curso é de 48€, ésta dará dereito a dous meses de formación.

Listado de cursos

Na actualidade, dende esta plataforma ofrécense máis de 90 cursos, distribuídos en diferentes categorías:

- Iniciación á informática e ofimática
- Redes e equipos informáticos e Internet
- Programación e deseño web
- Deseño e autoedición
- Medios audiovisuais
- Enerxía, Instalacións e Control
- Ecoloxía
- Saúde
- Educación, Idiomas, Cultura e formación xeral
- inicaitivas empresariais e Xestión
- Certificación Académica CISCO
- Familias profesionais:
    - Hostalaría
    - Administración
    - Servizos Socioculturais
    - Madeira e moble
    - Comercio e marketing.

A oferta completa de Aula mentor pódese ver  aquí

Pode realizar a matrícula mediante o formulario existente na sección “Descargas e enlaces” na dereita desta páxina.

Calendario de exames 2013:

Nº Convocatoria

Mes /Ano

Días

Data tope
de entrega de exercicios

94

Febreiro 2013

4 ao 8

23 de Xaneiro

95

Abril 2013

15 ao 19

4 de Abril

96

Xuño 2013

10 ao 14

29 de Maio

97

Outubro 2013

14 ao 18

3 de Outubro

98

Decembro 2013

9 ao 13

28 de Novembro

       
       
       
       
       
       

Aula Mentor auxiliar Concello de Lugo
Aula Mentor auxiliar Concello de Lugo

Download and Links


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovación