Os cursos poden realizarse dende a casa se o alumno dispón de conexión a internet. De non ser o caso o concello de Lugo pon a súa disposición un aula co equipamento necesario para poder desenvolver os cursos: conexión a Internet, programas informáticos, materiais e asesoramento dos administradores do aula, para toda aquela persoa matriculada nun curso.
O horario de apertura do aula é de luns a vernes de 8:30 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os vernes de 8:30 a 14:30 horas.
Aula Mentor ofrece cursos de formación non reglada a unha poboación destinataria con expectativas de acceder a un emprego, de actualizar o seu sistema de traballo ou aumentar a súa cultura.
Ao rematar o curso de formación e unha vez superada a proba final, os alumnos e as alumnas obteñen un certificado de aproveitamento no que consta o número de horas realizadas e que é expedido polo Ministerio de Educación y Ciencia e no seu caso pola Consellería de Educación”.
A cuantía da matricula para acceder á plataforma mentor e realizar un curso é de 48€, ésta dará dereito a dous meses de formación.
Listado de cursos
Na actualidade, dende esta plataforma ofrécense máis de 90 cursos, distribuídos en diferentes categorías:
- Iniciación á informática e ofimática
- Redes e equipos informáticos e Internet
- Programación e deseño web
- Deseño e autoedición
- Medios audiovisuais
- Enerxía, Instalacións e Control
- Ecoloxía
- Saúde
- Educación, Idiomas, Cultura e formación xeral
- inicaitivas empresariais e Xestión
- Certificación Académica CISCO
- Familias profesionais:
- Hostalaría
- Administración
- Servizos Socioculturais
- Madeira e moble
- Comercio e marketing.
A oferta completa de Aula mentor pódese ver aquí
Pode realizar a matrícula mediante o formulario existente na sección “Descargas e enlaces” na dereita desta páxina.
Calendario de exames 2013:
Nº Convocatoria |
Mes /Ano |
Días |
Data tope |
94 |
Febreiro 2013 |
4 ao 8 |
23 de Xaneiro |
95 |
Abril 2013 |
15 ao 19 |
4 de Abril |
96 |
Xuño 2013 |
10 ao 14 |
29 de Maio |
97 |
Outubro 2013 |
14 ao 18 |
3 de Outubro |
98 |
Decembro 2013 |
9 ao 13 |
28 de Novembro |