Cooperativismo.
O cooperativismo é o conxunto de actividades económicas e empresariais, que no ámbito privado levan a cabo aquelas entidades que persiguen: o interese colectivo dos seus integrantes, o interese xeral social, ou ambos.
A cooperativa é unha sociedade de capital variable que, a través do exercicio de actividades socioeconómicas, desenvolve unha empresa de propiedade conxunta de tódolos socios. Contan cunha estructura e xestión democráticas, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, distribuíndose os resultados económicos en función da actividade cooperativizada realizada. Calquera actividade económico-social poderá desenvolverse mediante unha sociedade cooperativa. As cooperativas teñen que se axustar no seu funcionamento ós principios formulados pola Alianza Cooperativa Internacional:
- adhesión voluntaria e aberta;
- xestión democrática por parte dos Socios;
- participación económica dos socios;
- autonomía e independencia;
- educación, formación e información;
- cooperación entre cooperativas;e
- interese pola comunidade.
Oficina de Fomento Cooperativo. Agrupación de Lugo.
É unha iniciativa posta en marcha de forma conxunta polos Concellos de Lugo, O Corgo, Baralla e Becerreá, a través dunha subvención concedida pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Relacións Laborais-Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social) para a realización de actividades de promoción e fomento do cooperativismo.
Os obxectivos da Oficina de Fomento Cooperativo, son os seguintes:
• estimular o autoemprego e o emprendemento cooperativo;
• apoiar a xeración de novos proxectos cooperativos;
• crear novas oportunidades de emprego;
• creación de empresas fomentando a cultura emprendedora e apoiando a consolidación das empresas xa existentes;
• promover o desenvolvemento económico das zonas territoriais de actuación;
• crear riqueza e calidade de vida;
• creación de redes de intercooperación no ámbito da economía social;
• achegar información e asesoramento de base cooperativa a desempregados, cooperativistas, emprendedores e cidadanía en xeral.
A Oficina de Fomento Cooperativo, presta os servizos seguintes:
• asesoría e acompañamento de proxectos cooperativos;
• accións formativas e informativas a promotores;
• elaboración de plans empresariais cooperativos;
• Seguimento e titorización dos proxectos cooperativos en xestación;
• formación e divulgación de fórmulas cooperativas así como coordinación das actividades de fomento e promoción.
Ó cargo da oficina está un técnico especializado en cooperativismo, que dará servizo aos usuarios que o precisen dos concellos de Lugo, O Corgo, Baralla e Becerreá e das súas áreas de influencia.
Contacto.
CEI-NODUS. Avda. da Coruña,500 (Antigo Cuartel de Garabolos)
27003 LUGO
Teléfono: 982 29 74 68 Extensión 7711
Fáx: 982 29 74 75
e-mail: oficinadefomentocooperativo
cei.lugo.es
web: http://oficinadefomentocooperativo.blogspot.com.es/