Logotipo
Inicio > Unidade Rural

Unidade Rural


Unidade Rural.

A Unidade Rural, é unha iniciativa do Concello de Lugo, posta en marcha no Centro de Empresas e innovación (CEI-NODUS), para a promoción integral da actividade socioeconómica da contorna rural do concello.

Desde a Unidade Rural, ofrécense os servizos seguintes aos usuarios potenciais:
- identificación de oportunidades de negocio no medio rural;
- asesoramento no inicio de proxectos empresariais no medio rural;
- asesoramento na tramitación da constitución de novas empresas no rural;
- información, asesoramento e xestión de axudas e subvencións para os proxectos empresariais desenvolvidos no medio rural do
concello.

Os usuarios potenciais dos servizos ofrecidos pola Unidade Rural, son:
- poboación residente na zona rural do concello;
- poboación que desenvolva actividades económicas na zona rural;
- en especial: mulleres, mozos e mozas, desempregados e desempregadas de longa duración, persoas discapacitadas, etc.

Os principais sectores de intervención, serán:
- actividades agrícolas, silvícolas e gandeiras;
- actividades de conservación da natureza e de xestión dos recursos naturais;
- enerxías renovables;
- turismo rural, comercio e artesanía;
- novas tecnoloxías;
- servizos sociocomunitarios.

Os obxectivos que persigue acadar a Unidade Rural, son os seguintes:
- creación de riqueza e calidade de vida no medio rural do concello;
- promoción de actividades económicas para a posta en valor dos recursos propios da zona, especialmente daqueles que estean
infrautilizados;
- creación de novas oportunidades de emprego, de novas empresas e de consolidación das xa existentes.

Centro de empresas e innovación