Logotipo
Inicio > Punto REDIC > Que é?

Que é?


Que é a rede REDIC?


A Rede de Dinamización Comercial, é un instrumento mediante o cal, a Xunta de Galicia, está impulsando o proceso de modernización e ordenación do comercio local. A REDE REDIC é un compoñente básico de cooperación entre a administración local e autonómica, o cal permite unha actuación coordinada de cara ao desenvolvemento de políticas proactivas que procuren o desenvolvemento da actividade comercial local.

Está capacitada para prestar asesoramento e apoio técnico, ao tecido comercial de cada localidade, xa sexa nos procesos de modernización das PEMES, na renovación e desenvolvemento comercial dos centros urbanos, así como na consolidación de espazos urbanos comerciais de preferente uso peonil ou en ampliación e reforma da estrutura física dos equipamentos comerciais colectivos.

 
Funcións da Rede REDIC

- Achegar a actuación administrativa comercial aos seus usuarios, coordinando as relacións entre os comerciantes e as Administracións.

- Conseguir unha ordenación comercial eficiente e competitiva.

- Potenciar os centros comerciais tradicionais, favorecendo a súa consolidación como función de centralidade urbana.

- Facilitar o acceso á información especializada, mediante a utilización de ferramentas telemáticas especificas para ese efecto.

- Participar nos estudos sobre a situación do comercio local, que deben identificar os factores sociais, económicos e urbanísticos que condicionan a súa dinámica.

- Realizar propostas de actuación sobre as estratexias e investimentos a desenvolver, tanto nas actuacións territoriais de inspiración comercial, así como nas que afecten aos equipamentos colectivos.

- Executar actuacións de carácter promocional que dinamicen o comercio.

- Calquera outras actuacións e/ou proxectos que coadxuven á efectiva racionalización e modernización da estrutura comercial, así como a creación ou captación de oportunidades de negocio, que redunden na mellora da calidade de vida e no fomento do atractivo da cidade.

null
Rede de Dinamización do Comercio

Download and Links




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
Centro de empresas e innovación