Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Ocio e Tempo de Lecer
  • Recursos Didácticos
  • Convocatorias
  • Audiovisuales
  • Publicaciones Gratuitas
  • Artigos Profesionais
  • Cinensino 08-09
  • Kreativa
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Praeventio
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Representación lucense en la CI sobre Abuso de Drogas
  • Crees que Controlas
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Glosario |

Busca por letra ou por termo, ou introduce ti un termo do que queiras ter información.

  A     C     D     E     F     H     I     N     O     P     R     S     T     U     X  
Busca por termo
Buscar

| Cabalo_

Uns dos nomes populares co que se coñece á heroína.

| Cafeína_

Os alcaloides xantínicos difiren só en potencia. A cafeína é a xantina máis potente, provoca un estímulo cortical e medular. A cafeína pode estimular o estado de alerta e aumentar a capacidade para realizar un traballo esgotador. A cafeína produce euforia que atrasa a... negativa fronte a un traballo tenaz.

Efectos farmacolóxicos

As xantinas distribúeas ben o organismo tras a administración oral cunha vida...vitro de tres horas e media, mentres que a da teofilina (presente no té) é de 5 horas... xantinas dilatan as arterias coronarias e adoitan ser usadas en casos de anxina de peito...., tamén en caso de asma.

TEJIDOS ACCIÓN
Nervioso
Cortex Euforia, antifatiga, estímulo moderado
Médula Estímulo respiratorio, vasomotor y vagal
Muscular liso
Cardíaco Elevación del ritmo cardíaco
Vasos sanguíneos Vasodilatación periférica. Vasoconstricción central
Bronquiolos Dilatación
Muscular esquelético Estímulo
Renal Diursis
Tracto intestinal Incremento de la secreción gástrica


Efectos adversos por sobredoses

A cafeína non é tóxica, non obstante a dose fatal estimada para a cafeína en humanos é... provoca estados de ansiedade, irritabilidade tremores nerviosismo, hipertermia..., Arritmias, hipotensión aguda debida á vasodilatación. A inxestión elevada de cafeína pode provocar un exceso de respiración, diurese, tolerancia e aparición de síndromes de abstinencia (tras 12 horas da última inxestión). O consumo de cafés non está relacionado co cáncer.

Medicamentos con cafeína

Hoxe en día existen multitude de medicamentos con cafeína xa sexa cafeína soa ou asociada con outros principios activos como no caso dos analxésicos. Os medicamentos que conteñen unicamente cafeína están indicados oficialmente para casos de astenia (cansazo de orixe intelectual ou..., con todo recórrese a eles en situacións nas que hai que manter a vixilia como no caso dos transportistas por citar un sector de consumo. Se vai consumir un destes medicamentos pida consello ao seu farmacéutico.

| Camelo_

O que trafica ou “trapichea” con drogas, a miúdo pode satisfacer o propio consumo.

| Cannabis_

[1.] Coa resina, as follas e as flores desta planta elabóranse as substancias psicoactivas máis coñecidas (haxix e marihuana) e máis utilizadas (sobre todo o haxix) entre as drogas ilegais.

É a droga máis polémica, por canto ten importantes partidarios e detractores que defenden, respectivamente, a inocuidade e a nocividade dos seus efectos. É a droga máis polémica, por canto ten importantes partidarios e detractores que defenden, respectivamente, a inocuidade e a nocividade dos seus efectos.

[2.] Droga obtida da planta “Cannabis Sativa L.”, producida en países mediterráneos europeos, no norte de África, México, Irán ou Líbano, e que se emprega fumada en pipa ou mesturada con tabaco en cigarros ou porros.

| Chino_

Forma de consumo da heroína, fumada e inhalada por vía pulmonar.

| Cirrose_

Grave afectación hepática que acostuma producirse polo consumo prolongado e abusivo do alcohol.

| Cocaína_

[1.] Estimulante do SNC consumido xeralmente por inhalación. A súa fácil absorción fai que chegue rapidamente ao cerebro, provocando reaccións de euforia, diminución da fatiga, do sono e do apetito, aumento da sociabilidade, etc.

[2.] Alcaloide extraído dun arbusto ordinario do Perú, Bolivia e Colombia chamado Eritroxillum coca L., que exerce un efecto estimulante sobre o sistema nervioso central.

| Codeína_

Derivado do opio con actividade analxésica se se administra por vía oral. Utilízase no tratamento da tose, formando parte da composición de numerosos xaropes.

| Codependencia_

Utilízase este concepto para facer referencia ao impacto que a drogodependencia dun individuo ten no seu contorno emocional, familia, parella, amizades, etc). Estas persoas ven alterada a súa conduta, as súas actitudes e os seus sentimentos.

| Comisionado do Plan Autonómico sobre Drogodependencias_

Polo Decreto 33/1993 créase o Comisionado do Plan Autonómico sobre Drogodependencias da Administración Autonómica Galega, como figura aglutinadora de todas as actuacións neste ámbito.

As súas funcións céntranse fundamentalmente en :

1.Coordinación:

- das actuacións das consellerías en materia de drogodependencias.

- Coas outras Administracións e ONG.

2. Informar e asesorar os órganos directivos e colexiados con responsabilidades neste ámbito.

3. Deseñar e dirixir a política xeral da Comunidade Autónoma en materia de drogodependencias. As Comisións e ponencias técnicas que se organicen.

4. En xeral, propoñer calquera outra actividade ou iniciativa nesta materia.

Para levar a cabo estas funcións, conta cunha oficina estruturada en dúas áreas:

- Asistencia, Formación e Investigación.

- Prevención, Reinserción e Coordinación.

| Conduta adictiva_

Establecemento dunha relación negativa e prexudicial con algo ou alguén (drogas, sexo, xogo, diñeiro…), que pode chegar a converterse nunha dependencia patolóxica.

| Crack_

Pequenas boliñas de base libre de cocaína obtida por medio da aplicación de bicarbonato sódico e auga. Acostuma fumarse sobre un cacho de papel de aluminio.
pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h