Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Ocio e Tempo de Lecer
  • Recursos Didácticos
  • Convocatorias
  • Audiovisuales
  • Publicaciones Gratuitas
  • Artigos Profesionais
  • Cinensino 08-09
  • Kreativa
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Praeventio
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Representación lucense en la CI sobre Abuso de Drogas
  • Crees que Controlas
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Glosario |

Busca por letra ou por termo, ou introduce ti un termo do que queiras ter información.

  A     C     D     E     F     H     I     N     O     P     R     S     T     U     X  
Busca por termo
Buscar

| Delirium tremens_

Forma grave da síndrome de abstinencia por alcohol que se acompaña de confusión, desorientación, tremores e graves alucinacións.

| Dependencia_

Seguindo o memorando da Organización Mundial da Saúde (OMS) podemos conceptualizar a dependencia coma aquela pauta de comportamento na que se lle dá prioridade ao uso dunha substancia psicoactiva fronte a outras condutas consideradas antes como máis importantes.

Este concepto pode subdividirse en :

1.D. FÍSICA.

A droga incorporouse ao metabolismo do suxeito. O organismo habituouse á presenza constante da substancia, de tal xeito que necesita manter un determinado nivel en sangue para funcionar con normalidade.

| Depresión_

Trastorno psicolóxico caracterizado por: tristura, falta de interese polas cousas, alteración do sono, alteración do apetito, falta de enerxía, falta de concentración, irritabilidade… durante un período longo de tempo.

| Deshabituación_

Proceso polo cal o individuo con algunha adicción adquire capacidades psicolóxicas que lle fan posible o abandono da relación de dependencia coa droga.

| Desintoxicación_

Unha das fases do tratamento de adicción ás drogas, na que se intenta reforzar ao organismo para que este se desfaga das substancias tóxicas que entran nel.

| DROGA_

Composto químico que se inhala. Aínda que a sustancia responsable dos efectos é o nitrito de amilo, que é un potente vasodilatador. Existindo diferentes compostos.

| Drogas de deseño_

Substancias de síntese (sen compoñentes naturais) elaboradas en laboratorios clandestinos.

Xeralmente trátase de compostos anfetamínicos aos que se lles engade algún compoñente de efectos máis ou menos alucinóxenos. Dan lugar a unha experiencia mixta entre a estimulación e a percepción alterada.

| Drogas psicoanalpéticas_

Substancias que provocan un estado de euforia ao actuar estimulando o SNC, o que fai que diminúa o cansazo e a sensación de sono.

| Drogas psicodélicas_

Drogas que alteran a realidade, provocando alteración da percepción visual, auditiva ou corporal. O individuo que as consome perde a noción do tempo, do espazo e da súa propia realidade.

| Drogas psicolépticas_

Substancias que diminúen a actividade do sistema nervioso central (alcohol, opio e derivados…).

| Drogodependente_

Consumidor de drogas que estableceu cara a algunha delas unha relación de dependencia. Dada a realidade actual de policonsumo, poden aparecer cadros de dependencia simultánea a varias substancias (por exemplo, unha persoa que se está desintoxicando da heroína e comeza a amosar unha síndrome de abstinencia alcohólica). Tamén pode ocorrer que non se dea unha dependencia clara dunha substancia, senón unha dependencia difusa da necesidade de interpoñer mediadores químicos entre o suxeito e a realidade.

| Durmideira_

Nome con que se coñece a planta Papaver Somniferum L., a partir da súa cápsula obtense a resina da base para o opio.
pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h