Busca por letra o por término, o introduce tú un término del que quieras tener información.
| Inhalantes_
Substancias moi volátiles presentes nos esmaltes de uñas, pegamentos, quitamanchas, líquidos para limpar mobles, desodorizantes, vernices, gasolina, etc.
Son substancias perturbadoras do sistema nervioso central que, polos seus efectos sobre o cerebro, adoitan clasificarse dentro da categoría dos psicodislépticos (alucinóxenos).
Son drogas usadas, fundamentalmente, polos adolescentes de núcleos marxinais.
| Intoxicación_
Dáse cando o consumo dunha droga é superior, en cantidade ou frecuencia, á capacidade do organismo para eliminala, falamos de intoxicación, que podemos dividir en:
1.- Intoxicación aguda: é a “borracheira” ou “colocón” provocados por unha acumulación da substancia nun tempo menor do que o organismo emprega en desintoxicarse.
Cando é grave pode chegar a poñer en risco a vida do consumidor (sobredose de heroína, coma etílico, etc.)
2.- Intoxicación crónica: cando o consumo da substancias e fai cotián, e o organismo recibe diariamente unha cantidade superior á que consegue eliminar. Maniféstase a través de fenómenos de tolerancia e dependencia variables en función de cada droga e organismo do consumidor.
A intoxicación crónica supón unha alteración biolóxica, psicolóxica e social nun suxeito permanentemente impregnado de substancias adictivas.