Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Ocio e Tempo de Lecer
  • Recursos Didácticos
  • Convocatorias
  • Audiovisuales
  • Publicaciones Gratuitas
  • Artigos Profesionais
  • Cinensino 08-09
  • Kreativa
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Praeventio
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Representación lucense en la CI sobre Abuso de Drogas
  • Crees que Controlas
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Glosario |

Busca por letra ou por termo, ou introduce ti un termo do que queiras ter información.

  A     C     D     E     F     H     I     N     O     P     R     S     T     U     X  
Busca por termo
Buscar

| Paranoia_

Sentimentos persistentes de desconfianza e suspicacia cara a outras persoas, con incapacidade de recoñecer os seus propios sentimentos negativos cara os demais.

| Pasta de coca_

Produto obtido durante o proceso de fabricación do clorhidrato de cocaína, que contén unha baixa porcentaxe de alcaloide, pero alto en residuos.

| Pedra_

Pequenas boliñas de base libre de cocaína obtida por medio da aplicación de bicarbonato sódico e auga. Acostuma fumarse sobre un cacho de papel de aluminio.

| Pílula do amor_

Droga de síntese composta por metilendioximentanfetamina ou MDMA.

| Plan nacional sobre drogas_

En 1985 o Goberno español aprobou a posta en marcha do Plan nacional sobre drogas, co obxectivo de racionalizar a resposta institucional ante o fenómeno das drogodependencias.

O dito plan pretende establecer os criterios xerais do que debe ser unha intervención coherente nesta materia, a través dos seguintes ámbitos de actuación:

1. PREVENCIÓN

Orientada ao control e redución da oferta e a demanda de drogas, tanto institucionalizadas como non institucionalizadas.

2.ASISTENCIA E REINSERCIÓN:

- Optimización dos recursos da rede pública, dando lugar a unha oferta diversificada que permita individualizar a intervención.

- Incorporación ao sociolaboral dos que se encontran inmersos nun proceso de abandono de drogas.

3.COORDINACIÓN

Entre as administracións públicas (estatais, autonómicas e locais) que interveñen no plan.

- Cooperación coas organizacións non gobernamentais (ONG).

- Cooperación internacional.

4. FORMACIÓN, DOCUMENTACIÓN E INVESTIGACIÓN:

- Desenvolvemento de cursos e seminarios a diversos colectivos.

- Consolidación do SEIT (Sistema de Información en Toxicomanías).

| Plans autonómicos_

Cada comunidade autónoma puxo en marcha o seu propio plan autonómico de drogodependencias para articular as directrices xerais do PNSD coas peculiaridades da súa propia realidade.

Estes plans son en cada unha o referente institucional último de cantas intervencións se leven a cabo para a prevención, asistencia e reinserción das drogodependencias.

Estes distintos plans autonómicos están representados no PNSD a través da Conferencia Sectorial e a Comisión Interautonómica.

| Plans municipais_

Distintos concellos puxeron en marcha un plan municipal de drogodependencias que, cunha ou outra denominación, trata de aglutinar os recursos e esforzos locais para impulsar unha intervención coherente na materia.

Nuns casos trátase de plans específicos de prevención, mentres que noutros incorporan as distintas vertentes da intervención en drogodependencias. Todos teñen en común, en calquera caso, a tentativa de implicar a comunidade local na actuación ante as distintas dimensións do fenómeno.

| Poboación en risco_

Un factor de risco é aquel elemento en presenza do cal aumenta a probabilidade de que se produza unha determinada situación. En fenómenos tan complexos como as drogodependencias, nos que entran en xogo tantas variables, é difícil determinar aqueles factores que irían perfilando as características dunha suposta poboación en risco. Os “factores de risco” serían tantos que darían lugar a numerosas combinacións posibles.

| Policonsumo_

Non é frecuente entre consumidores habituais a utilización dunha única droga. Xeralmente realízase un consumo de diversas substancias máis ou menos adictivas. Así, por exemplo, pódense beber cantidades excesivas de alcohol, fumar máis dun paquete de cigarros ao día, fumar “porros” e inhalar cocaína as fins de semana. As combinacións posibles serían numerosas.

Ata tal punto está xeneralizada esta situación de policonsumo que, cando un drogodependente fai unha demanda de tratamento, non é inusual en contar unha dependencia difusa a diversas substancias

| poper_

droga imhalable composta de distintas sustancias, sendo o nitrato de amilo o compoñentecausante dos seus efectos

| Prevención_

Conxunto de esforzos (recursos, servizos, programas) que unha comunidade pon en marcha para promover a saúde dos seus membros e reducir razoablemente a probabilidade de que aparezan problemas relacionados cos consumos de drogas.

O sentido común (“máis vale previr”) e os importantes custos que as drogodependencias representan, favoreceron unha aposta máis decidida polo quefacer preventivo. A prevención é un asunto que compete a especialistas e a toda a comunidade (mestres, pais, políticos, asociacións de pais e nais, técnicos municipais, policía, etc.)

Convencionalmente dividiuse a prevención en tres diferentes niveis:

- P. PRIMARIA: oriéntase a eliminar ou reducir ao máximo os problemas derivados do consumo de drogas.

- P. SECUNDARIA: pretende a detección e intervención precoz sobre consumos incipientes de drogas, co fin impedir o seu agravamento e cronificación.

- P. TERCIARA: busca a reinserción de exdrogodependentes e a diminución das posibles secuelas debidas ao consumo.

O que propiamente se entende por prevención corresponde ao que nesta clasificación se denomina “prevención primaria”.

| Psicofármacos_

Coñécese así un amplo grupo de compostos que, actuando sobre distintas estruturas do cerebro, axudan a regular determinadas alteracións relacionadas dun modo ou outro con algúns trastornos psíquicos.

Os máis coñecidos receitados e consumidos de modo abusivo son os tranquilizantes (valium, tranxilium, etc.) e os hipnóticos (son pastillas para durmir).

Xunto co alcohol e o tabaco os psicofármacos son as substancias das que se fai maior abuso, e responsables dun maior número de dependencias, ata o punto de que, parafraseando a GIOVANNI JERVIS, se unha mañá desaparecesen os stocks de alcohol, tabaco e psicofármacos e café en calquera cidade moderna, probablemente se produciría o caos en cuestión de horas.

Un maior rigor médico á hora de prescribir estes fármacos, así como a utilización doutras técnicas terapéuticas (relaxación, psicoterapia, autocontrol, etc.) contribuirían a controlar unha das drogodependencias máis estendidas nos países desenvolvidos.

| Psicose_

Perda de contacto coa realidade. É unha desorde mental que comporta a trocos no afecto, desordes no pensamento, teimas, alucinacións, confusión, depresión, excitación, medo.

| Publicidade ilícita_

O título II da Lei de publicidade (19) baixo a denominación xenérica de “publicidade ilícita” inclúe, xunto á publicidade que vulnere a dignidade e os dereitos constitucionais das persoas, a publicidade enganosa, a publicidade desleal e a publicidade subliminar, as seguintes limitacións:

- Prohíbese a publicidade de tabaco e a de bebidas con graduación alcohólica superior a 20 graos centesimais por medio da televisión.

- “Queda prohibida a publicidade de bebidas alcohólicas e de tabaco naqueles lugares onde estea prohibida a súa venda ou consumo”.

- “A forma, contido e condicións da publicidade do tabaco e bebidas alcohólicas e de tabaco serán limitadas regulamentariamente de cara á protección da saúde e seguridade das persoas, tendo en conta os suxeitos destinatarios, a non indución directa ou indirecta ao seu consumo indiscriminado e en atención aos ámbitos educativos, sanitarios e deportivos”.

Nos seus artigos 28 e 29 establece que as controversias derivadas da publicidade ilícita serán dirimidas polos órganos da xurisdición ordinaria, conforme o establecido na Lei de axuizamento civil.

A aparición de normativas autonómicas en materia de drogodependencias pode provocar dificultades neste aspecto da publicidade, ao limitarse unicamente as súas competencias ao seu ámbito territorial.
pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h