Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nueva ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Calle Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación de la Consejera
IAlc
Presentación del Alcalde
Chamanos
  • Publicidad: un enfoque crítico
  • Cumbre CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proyecto Drojnet 2

| Glosario |

Busca por letra o por término, o introduce tú un término del que quieras tener información.

  A     C     D     E     F     H     I     N     O     P     R     S     T     U     X  
Busca por termo
Buscar

| Sedantes_

Fármacos que actúan como tranquilizantes, cun alto poder adictivo e cunha forte dependencia física.

| Síndrome amotivacional_

Conduta atribuíbel ao consumo de cannabis. Caracterízase por desenvolver fenómenos de apatía, regresión, infantilismo, relaxación no estilo de vida, perda de interese polos estudos ou traballo…, en definitiva, perda das motivacións convencionais.

| Síndrome de abstinencia_

Tamén chamada síndrome de retirada ou de privación, é popularmente coñecido como “mono”. É un conxunto de síntomas psíquicos e físicos que parecen ao interromper ou diminuír o consumo dunha droga da que se depende fisicamente.

Cada substancia dá lugar a unha síndrome de abstinencia característica, que nunca convén minimizar, pero tampouco dramatizar.

| Sobredose_

Intoxicación aguda dunha substancia que desborda toda posibilidade de resposta defensiva do organismo.

No caso do alcohol, conduce ao coma e, se non se intervén a tempo, á morte.

No caso da heroína, caracterízase polos seguintes síntomas:

+pupilas en punta de alfinete;

+cor azulada da pel;

+coma;

+depresión respiratoria que leva o suxeito á morte se non se actúa con celeridade.

Un drogodependente da heroína pode padecer unha sobredose por consumir unha substancia cunha pureza superior á habitual, ou por conseguir o consumo nas mesmas doses ca antes, tras un período de abstinencia que lle fixese perder a tolerancia á substancia.

Estes poden ser os cadros máis graves, pero tamén o resto das drogas poden provocar unha reacción de sobredose que ameace a integridade psicofísica do usuario.

| Somníferos_

Fármacos que inducen ao sono cun alto poder adictivo.

| Speed_

O sulfato de anfetamina ou speed é unha substancia sintetizada nos laboratorios clandestinos a partir das anfetaminas.

| Substancias de corte_

Adulterantes utilizados polos distintos intermediarios do mercado ilícito de drogas para aumentar a súa marxe de beneficios.

Os distintos cortes a que se someten as drogas fan que cando chegan ao usuario a concentración da substancia non sexa superior ao 10% no caso da heroína e o 25% no caso da cocaína.

Entre as substancias de corte máis utilizadas podemos citar:

- Para a heroína: talco, carbonato, azucre, cafeína, lactosa, etc.

- Para a cocaína: anfetaminas, talco, lidocaína,etc.
pnsd.msc.es Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: lunes a viernes y 08:30 a 14:30 h