Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*New address
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Quiroga Ballesteros Street,, nº 1
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentation of the Counselor
IMay
Presentation of the Mayor
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Glossary |

Search by letter or by word, or type in the word which you want to get information about.

  A     C     D     E     F     H     I     N     O     P     R     S     T     U     X  
Busca por termo
Buscar

| Tabaco_

Planta solanácea da que se obteñen distintos labores destinados ao consumo humano (cigarros, puros, picadura de pipa, rapé, tabaco de mascar, etc.). A forma máis estendida é o cigarro, no fume do cal se identificaron gran número de compoñentes tóxicos e entre os cales os máis importantes son os seguintes:

- Nicotina: substancia estimulante que dá conta da dependencia física que o tabaco provoca.

- Alcatráns: substancia canceríxenas que inhala o fumador e os que o rodean.

- Irritantes: responsables da irritación do sistema respiratorio.

- Monóxido de carbono: adhírese á hemoglobina, dificultando a osixenación do organismo.

Entre os máis importantes efectos a curto prazo que provoca o consumo de tabaco podemos citar estes:

- Diminución da capacidade pulmonar

- Mingua dos sentidos do gusto e o olfacto.

- Avellentamento prematuro da pel da cara.

- Mal alento

- Cor amarelada de dedos e dentes.

- Tose e expectoracións, sobre todo matutinas.

Entre os seus efectos a longo prazo:

- É responsable directo do 90% das mortes por cancro de pulmón.

- Éo igualmente do 75% das bronquites crónicas.

- Explica o 25% das cardiopatías isquémicas (infartos de miocardio e anxinas de peito).

| Tabaquismo_

Dependencia do tabaco, de características fundamentalmente psíquicas e, en menor medida, físicas. É difícil de romper, probablemente a consecuencia de que o cigarro está asociado a practicamente todas as situacións positivas ou negativas agradables ou desagradables, que o fumador experimenta ao longo do día. E isto durante un gran número de anos, na maioría dos casos.

Cando se suspende o consumo de tabaco é habitual a aparición dunha síndrome de abstinencia que ten como síntomas máis frecuentes os seguintes: ansiedade, irritabilidade, insomnio, dor de cabeza, fatiga, aumento do apetito, dificultade de concentración, etc. Esta síndrome, que aparece ás poucas horas de terminar o último cigarro, pode prolongarse durante 7- 10 días.

Para romper a dependencia do tabaco ideáronse moitos procedementos (algúns deles auténticas fraudes), que van desde a hipnose á homeopatía. As técnicas que maior eficacia demostraron (ata un 40%-50% de abstinencia un ano despois de deixar de fumar) son os denominados programas multicompoñentes que incorporan técnicas cognitivas e condutuais de autocontrol do hábito, relaxación, modificación ambiental e prevención de recaídas, xunto cunha administración substitutiva da droga (goma de mascar de nicotina).

| THC_

O THC é o principio activo do cannabis.

| Tipos de consumo_

Non existe unha modalidade única de consumo de drogas, senón diversas posibilidades que podemos clasificar así:

Experimental: aquela persoa que, guiada pola curiosidade, se anima a probar unha ou outra droga, podendo posteriormente continuar o consumo ou interrómpeo. A maioría dos que experimentan con drogas non pasan deste estadio.

Ocasional: uso espazado de drogas, cunha frecuencia menor a unha vez por semana. Xeralmente o suxeito acepta de forma pasiva as invitacións que recibe sen tomar a iniciativa de buscar as drogas.

Recreativa: consumo de drogas en momentos de diversión e busca de pracer. Pódese converter en problemática cando a frecuencia das “celebracións” aumenta, como ocorre por exemplo co uso recreativo de alcohol que realiza unha porcentaxe importante de mozos ao longo da fin de semana. Neste caso podemos falar xa dun consumo habitual no que o suxeito busca activamente os efectos das drogas. Outro risco importante do uso recreativo ten lugar cando se produce no cerebro unha combinación química (alcohol, porros, cocaína, etc.) de imprevisibles consecuencias.

Sistemática: forma de consumo daquel drogodependente que varias veces ao día recorre ás drogas (xeralmente a varias). A vida vaise estreitando ata xirar obsesivamente arredor das drogas, mentres que calquera outra actividade vai lentamente perdendo importancia.

| Tolerancia_

Dise que unha droga produce tolerancia cando cómpre ir aumentando a cantidade consumida para experimentar os mesmos efectos. Ou o que é o mesmo, cando os efectos da mesma cantidade son cada vez menores.

É o que ocorre, poñamos por caso, co alcohol. Nos primeiros consumos adolescentes afecta notablemente aínda con doses moi pequenas. Non obstante, se un insiste e se converte en consumidor habitual, o organismo vaise adaptando ao tóxico como medida de protección, acelérase a eliminación do alcohol e increméntase a capacidade de “aguante”. Aquela persoa que “aguanta” moito alcohol sen inmutarse debía sentirse máis preocupada que orgullosa da súa suposta fortaleza. A tolerancia é un indicio de alteración metabólica, consecuencia dun consumo crónico do que o organismo tenta defenderse.

| Tolerancia cruzada_

Proceso polo cal unha persoa que desenvolveu tolerancia cara a unha determinada substancia tolerante tamén cara a substancias de similar familia farmacolóxica.

Como exemplo podemos citar a tolerancia aos barbitúricos que desenvolven os alcohólicos.

| Tranquilizantes_

Fármacos con acción depresora do SNC. Case todos eles poden provocar unha depresión grave e como por sobredosificación.

| Trastornos de desacougo_

Resposta da persoa ante situacións que percibe como ameazadoras ou perigosas facendo que se prepare para se defender ou escapar. A nivel emocional a persoa séntese nerviosa. O seu corpo pode responder con síntomas como: a sudoración, taquicardia, dificultades respiratorias, tensión muscular, insomnio, etc.

Cando o nivel de desacougo chega ao seu máximo pódese producir un ATAQUE DE PÁNICO, a persoa que o padece pensa que vai morrer ou volverse tola.

| Trastornos de personalidade_

Trastornos duradeiros e estables no tempo cuxas características de personalidade impiden acomodarse, adaptarse a moitas vivencias e situacións normais da vida. Asociado normalmente a dificultade nas relacións interpersoais.
pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Phone number: (0034) 982 297 498 Office hours: monday to friday, from 08:30 to 14:30 h