Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Glosario |

Busca por letra ou por termo, ou introduce ti un termo do que queiras ter información.

  A     C     D     E     F     H     I     N     O     P     R     S     T     U     X  
Busca por termo
Buscar

| Uso_

Igual que ocorre co concepto de abuso, tamén este é difícil de precisar. O que para unhas persoas ou culturas é uso, pode significar para outras un claro abuso e viceversa.

Non obstante, por uso de drogas podemos entender aquela modalidade de consumo que non reporta consecuencias negativas para o suxeito, nin físicas, nin psicolóxicas, nin sociais, ben sexa por producirse en pequenas cantidades ou cunha frecuencia mínima. Ben sexa por tratarse de persoas (xeralmente científicos, filósofos, escritores) que se serven das drogas para exploraren no seu psiquismo e que, unha vez esgotada esta vía de experimentación, perden todo interese por elas.

Existen substancias que teñen posibilidade de uso reducidas pola rápida”tolerancia” que provocan e polo seu elevado “risco de uso”. Sería este o caso, por exemplo, dos derivados opiáceos (heroína, etc. Outro tanto ocorre co tabaco, os usuarios do cal son, na súa maioría, dependentes.

| Uso racional de medicamentos_

Aquela forma de uso xustificada por razóns médicas e sometida, en duración e dose, á supervisión do profesional.

Cando o médico se nega a ser un mero dispensador de receitas, o farmacéutico non vende fármacos sen a correspondente receita, e o paciente reduce ao mínimo a automedicación, entón empeza a ser posible un uso racional de medicamentos.

Promover esta práctica persegue, cando menos, tres obxectivos:

1- Promover que o paciente obteña o máximo beneficio dos fármacos prescritos.

2- Que o risco para a saúde derivado do consumo de medicamentos sexa mínimo.

3- Que o gasto farmacéutico se reduza, facendo posibles investimentos máis útiles.
pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h