Concello de Lugo

Plan E

Inicio ---> PlanE

Proxectos de investimento en Lugo financiados a cargo do Fondo Estatal de Investimentos Locais
O 28 de novembro de 2008, o Consello de Ministros aprobou o Real Decreto Lei 9/2008, polo que se creou o Fondo Estatal de Investimento Público no ámbito local, cun presupuesto total de 8.000 millóns de euros, e que está inscrito no Plan Español para o Estímulo da Economía e a Ocupación, que puxo en marcha o Goberno central.
O obxectivo deste fondo é promover que os concellos fagan obra pública e investimentos que xeren postos de traballo, coa finalidade de contribuir á reactivación da economía este año 2009.
O Concello de Lugo aprobou un listado de 79 proxectos que se desenvolverán na zona urbana e rural do municipio e que se financiarán a cargo do Fondo Estatal de Investimentos Locais. Estas actuacións suporán importantes melloras para Lugo e permitirán que máis de 400 persoas traballen en obra pública ao longo de 2009.

Relación de obras aprobadas polo Ministerio

Obras licitadas    Adxudicacións definitivas    Obras finalizadas