Que é a OMIC?
O Concello, consciente de que o consumo é un dos feitos máis habituais na nosa vida, considera importante que a cidadanía coñeza os sues dereitos e obrigas nas relacións de consumo.
Tamén é importante que os veciños e veciñas realicen un consumo racional e responsable.
Por iso, o Concello de Lugo pon á disposición dos consumidores a OMIC. É a oficina que ten a administración local e que ofrece o servizo de información, axuda e asesoramento aos consumidores e usuarios para o axeitado exercicio dos seus dereitos en materia de consumo.

Que fai a OMIC?
Recolle, rexistra e da xustificante de recepción das queixas e reclamacións dos consumidores e usuarios e a súa remisión ás entidades ou organismos correspondentes.
Realiza tarefas de educación e formación en materia de consumo, campañas divulgativas de interese para a formación e a defensa do consumidor
Apoia ao Arbitraxe de Consumo.
Orienta aos consumidores e consumidoras sobre os enderezos e principais funcións doutros centros públicos ou privados, de interese para os consumidores e usuarios.

Que asuntos trata?
Prácticamente, todos os relacionados co ámbito do consumo, que poden estruturarse nos seguintes sectores:
Bens, como automóbiles, electrodomésticos ou roupa, por exemplo.
Suministros, como auga, gas, electricidade e teléfono, entre outros
Servizos, como os que prestan as axencias de viaxe, os bares e os restaurantes ou as empresas de transportes.

Quen pode acudir á OMIC?
Todos os consumidores e usuarios; é dicir, as persoas físicas ou xurídicas que compren ou utilicen como destinatarios finais, bens, produtos, servizos, actividades ou funcións, calquera que sexa a natureza pública ou privada, individual ou colectiva de quen os produce, facilita, suministra ou expide.

Tramitar On-line

Descargar formulario de reclamaciones.

Imagen de OMIC