Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
AVISOS
Escoita esta páxina

Luns, 28 de Xullo de 2014


A Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá, que dirixe Manuel Núñez, comunica a todos aqueles titulares de postos no Mercadiño de Frigsa colocados en zonas numeradas que sexan posuidores da tarxeta simple de cor prata que deberán solicitar a tarxeta preferente de cor dourado. No caso de non facelo perderán o posto fixo.

Teñen que cubrir un formulario de solicitude do posto de venda no Mercadiño de Frigsa, que se atopa dispoñible nas oficinas do Concello de Lugo, e achegar o xustificante de pagamento á seguridade social do mes actual.

A data límite para presentar a documentación é o día 1 de setembro.
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova