Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
AVISOS
Escoita esta páxina

Martes, 2 de Setembro de 2014


O Concello convoca unha caseta e un caldeiro de polbo para o San Froilán

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, convocou a explotación dunha caseta e un caldeiro de polbo durante as festas de San Froilán 2014.

Segundo informa a Concellería, xa está aberto o prazo para a presentación de proposicións para a instalación da Caseta número 5 e Caldeiro de polbo número 5, logo de que a Xunta de Goberno Local acordou, o pasado día 27 de agosto, deixar sen efecto as autorizacións concedidas pola falta de pagamento en prazo das taxas correspondentes á ocupación de dominio público dos devanditos postos.

Os prezos mínimos para a licitación son de 14.470,13 euros no caso da Caseta e de 7.339,92 no do Caldeiro.

O prazo para a presentación de ofertas remata o día 12 de setembro e a apertura de ofertas está prevista para o día 15.

Os licitadores deberán constituir unha garantía provisional polo importe do 3% de cada unha das instalacións e o licitador que presente a oferta máis ventaxosa estará obrigado a constituir unha garantía definitiva dun 5% do importe da adxudicación.

As persoas interesadas poden obter máis información no Perfil do Contratante.
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova