Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
AVISOS
Escoita esta páxina

Mércores, 24 de Setembro de 2014


Mañá entra en funcionamento unha nova parada do bus urbano no Polígono Industrial das Gándaras

O Concello de Lugo informa que dende mañá, xoves 25 de setembro, entra en funcionamento unha nova parada dos bus urbano no Polígono Industrial das Gándaras. A parada está situada na rúa A fronte da parcela U2, que ocupa as instalacións da empresa Begasa, e dará servizo a todas as firmas comerciais instaladas neste polígono.

Durante os días laborables esta parada será cuberta pola actual liña 2, que vai do Cemiterio a Albeiros, e os días festivos pola liña 11-E, con traxecto de Calde á Piringalla e Albeiros. Este cambio non suporá unha modificación substancial do percorrido, nin unha alteración dos horarios da ruta.

A frecuencia da liña 2 os días laborables será cada hora comezando a primeira parada ás 7:30 horas e a última ás 21:30 horas.
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova