Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
AVISOS
Escoita esta páxina

Luns, 9 de Febreiro de 2015


BANDO DA ALCALDÍA

O SR. ALCALDE PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO FAI SABER:

Ante a proximidade das festas de Entroido nas que proliferan a venda e mais o uso de artificios de pirotecnia recreativa, lémbraselle a toda a cidadanía, por medio deste Bando, a normativa que resulta de aplicación.

Normativa aplicable:
Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá.
R. d. 563/2010, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de artigos pirotécnicos e de cartuchería.

Os produtos pirotécnicos para a venda cumprirán as seguintes normas:
1.- Só se poderán poñer no mercado, distribuír, vender ou utilizar os artigos pirotécnicos que teñan a marca CE, e que conste de forma lexible, visible e indeleble sobre a etiqueta fixada a estes nos envases, de xeito que a etiqueta non se poida volver utilizar.
2.- A venda directa ao público só se realizará nos lugares autorizados. A unidade mínima de venda será o envase, e quedará prohibida a venda de unidades soltas.
3.- Non se poderán vender, poñer a disposición ou utilizar. artigos pirotécnicos a excepción dos pistóns de percusión para xoguetes ás e aos menores de 12 anos.
4.- As e os vendedores de artigos pirotécnicos poderán negarse a vender os seus produtos a aquelas persoas que de forma manifesta se poidan atopar baixo os efectos de bebidas alcohólicas.
5.- Está prohibido o uso de calquera artigo pirotécnico ás e aos menores de 12 anos.
6.- Queda prohibida a venda ambulante de produtos pirotécnicos.
7.- A desobediencia aos mandatos da autoridade competente ou aos seus axentes poderá ser sancionada con multa de ata 300 euros.

Á vista de todo o sinalado e co fin de garantir o máximo de tranquilidade cidadá:
Prohíbese o uso dos produtos pirotécnicos nas vías e espazos públicos, evitarase que a súa utilización produza unha perturbación por ruídos para a veciñanza, evitable coa observancia dunha conduta cívica normal, e atenderanse en todo momento ás indicacións que fagan as e os axentes da Policía Local.

Lugo, 9 de febreiro de 2015

O ALCALDE,

Asdo.: José Clemente López Orozco
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova