Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
REDE DE MUSEOS MUNICIPAIS
Escoita esta páxina

Centro de Interpretación da Muralla

Enderezo: Praza do Campo, 11


Descrición:

O Centro de Interpretación da Muralla trata de explicar a historia e a influencia do monumento romano na cidade de Lugo ao longo da historia.

O museo, ubicado nun edificio do século XVIII, e en pleno casco histórico, ten catro andares adicados a catro épocas diferentes. Se ben, todos seguen a mesma organización. En cada un dos andares hai un vídeo no que se explica como ve a cidadanía o monumento e como inflúe no día a día da capital. Ademais, hai varias pantallas táctiles con simulacións sobre como era a cidade, con edificios, personaxes e lugares relevantes. Con esta distribución e elaboración dos contidos téntase que sexa o propio visitante o que decida canto tempo quere investir en ver o centro.

Horario: luns, martes e mércores de 11 a 14 e de 16 a 18 horas. De xoves a domingo de 11 a 18 horas.

Prezo da entrada: gratuíta

Teléfonos:

  • 982 251 658

Concellería: Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova