Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
REDE DE MUSEOS MUNICIPAIS
Escoita esta páxina

Casa dos Mosaicos

Enderezo: rúa Doutor Castro, 20-22


Descrición:

A Casa dos Mosaicos amosa restos, musealizados in situ, dunha domus de finais do século III ou comezos do IV. O seu principal atractivo é o mosaico da antesala e do oecus, con motivos xeométricos e figurativos.

Merece a pena observar tamén o sistema de calefacción por aire quente que se localiza baixo o perímetro dun dos comedores da vivenda, o que se coñece como hipocaustum.

A visita remata coa proxección dun audiovisual que fai unha reprodución virtual do que foi a vivenda, e incluso das orixes e o desenvolvemento da cidade de Lugo.

Horario: de xoves a sábado de 11:30 a 13:30 horas e de 17 a 19 horas. Domingo de 11:30 a 13:30 horas.

Prezo da entrada: gratuita

Teléfonos:

  • 982 254 815

Concellería: Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova