Imprimir

No Centro Arqueolóxico de San Roque pódense ver in situ pezas atopadas no entorno de San Roque. Amósanse tumbas, que corresponden ao que foi unha importante área funeraria, situada no exterior da cidade romana, na confluencia das vías XIX e XX do itinerario Antonino. Esta zona funeraria mantívose ata finais do século V.

O museo conta con medios audiovisuais, que ofrecen completa información sobre cada unha das principais pezas que se poden ver.

Horario: De xoves a sábado de 11:30 a 13:30 horas e de 17 a 19 horas. Domingo de 11:30 a 13:30 horas. Horario especial do 6 de outubro(festivo local) de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas

Prezo da entrada: gratuita